Administración apostólica católica albanesa de Albania Meridional
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.443.013 (2017) (89,23 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua albanesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 16.172 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 11 de novembro de 1939 | ||||
A administración apostólica de Albania Meridional (en latín: Administratio Apostolica Albaniae Meridionalis) é unha sé da Igrexa Católica, a única da Igrexa Católica Bizantina Albanesa, e sufragánea da arquidiocese de Tirana-Durrës. En 2010 tiña 3 558 bautizados nunha poboación de 2 137 000 habitantes. Actualmente está á súa cabeza o bispo Giovanni Peragine, B.
Territorio
[editar | editar a fonte]A administración apostólica estende a súa xurisdición sobre os fieis de rito latino e de rito bizantino do sur de Albania, de maioría ortodoxa e islámica. A súa sé é a cidade de Fier, e está estruturada en 8 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A administración apostólica foi erixida o 11 de novembro de 1939 coa bula Inter regiones de Pío XII, en territorios da arquidiocese de Durrës. Orixinalment era sufragánea da arquidiocese de Shkodër.
O 25 de xaneiro de 2005 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Durrës-Tirana (hoxe arquidiocese de Tirana-Durrës).
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Leone Giovanni Battista Nigris (1940 - 1945, renuncia)
- Nicola Vincenzo Prennushi (1946 - 1952, finado)
- Sede vacante (1952 - 1992)
- Ivan Dias (1992 - 1996, nomeado arcebispo de Bombai)
- Hil Kabashi (1996 - 2017)
- Giovanni Peragine (2017 - actualidade)