Adiaratou Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adiaratou Iglesias
Nacemento6 de febreiro de 1999
 Bamaco
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

Adiaratou Iglesias Forneiro, nada en Bamaco o 6 de febreiro de 1999,[1] é unha atleta galega radicada en Lugo.[2] Adestra no club Lucus Caixa Rural Galega.[3] En 2019 proclamouse subcampioa do mundo de atletismo paralímpico nas probas de 200 e 100 metros lisos.[4] Tamén posúe o récord galego absoluto de 200 metros lisos.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iglesias naceu con albinismo, un trastorno conxénito que lle fai padecer unha discapacidade visual do 80%. Por mor da persecución que sofren as persoas albinas no seu país, con 11 anos fuxiu do seu Malí natal a Logroño para vivir cun familiar.[6] Porén, acabou ingresando nun centro de acollida no que pasou dous anos. Finalmente foi adoptada e mudouse a Lugo, onde comezou a practicar atletismo no club Lucus Caixa Rural Galega.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Data Competición Lugar Resultado
2019 Campionato do mundo de atletismo paralímpico, en 200 metros lisos. Dubai
Campionato do mundo de atletismo paralímpico, en 100 metros lisos. Dubai

Marcas persoais[editar | editar a fonte]

Data Especialidade Lugar Marca
11 de novembro de 2019 100 metros lisos (aire libre) Dubai 11,99 s[7]
12 de novembro de 2019 200 metros lisos (aire libre) Dubai 24,31 s[7]
20 de xullo de 2019 100 metros lisos (aire libre) Pontevedra 12,12 s[8]
23 de xuño de 2019 200 metros lisos (aire libre) Lugo 25,01 s[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil de Adiaratou Iglesias na páxina da Real Federación Española de Atletismo". Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  2. "A subcampioa do mundo de atletismo adaptado, Adiaratou Iglesias, orixinaria de Malí, reivindica o galego". Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  3. "Adi Iglesias arrasa en Dubai, subcampioa mundial". Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  4. "A galega Adiaratou Iglesias, subcampioa dos 100 metros lisos no Mundial Paralímpico". Sermos Galiza. 12 de novembro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  5. "A proeza de Adiaratou Iglesias: tres récords galegos en 24 horas". Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Adiaratou Iglesias, oro gallego con solo 20 % de visión". La Voz de Galicia. 21 de outubro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Adiaratou Iglesias. Perfil na web da RFEA.
  8. 8,0 8,1 Adiaratou Iglesias. Perfil na web da IAAF.