Adelard de Bath
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (la) Adelardus Bathensis c. 1075 Bath |
| Morte | c. 1160 Bath |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Ocupación | filósofo, tradutor, escritor, astrónomo, matemático, astrólogo |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica Enciclopedia Católica |
Adelard de Bath ou Athelhard, segundo o inglés antigo, ou Adelardus Bathoniensis conforme ao nome latino, nado en Bath en 1075 e finado en Bristol en 1160, foi un escolar e filósofo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante sete anos viaxou polo norte de África e Asia Menor. Estudou en Tours e ensinou en Laon, tradutor de importantes obras científicas árabes de astroloxía, astronomía, filosofía e matemáticas ao latín, incluíndo textos gregos antigos que só existían en árabe, e que el introduciu en Europa. A súa tradución dos Elementos de Euclides, foi empregado durante séculos como manual de xeometría no Occidente.