Acrocefálidos
Acrocefálidos Acrocephalidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acrocephalus arundinaceus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos acrocefálidos (Acrocephalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes,[1] suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.
A familia está integrada por 5 xéneros que agrupan unhas 60 especies coñecidas vulgarmente como folosas,[2] que antigamente estaban incluídas na familia dos sílvidos.
Características
[editar | editar a fonte]As especies desta familia adoitan seren paxaros bastante grandes, a maioría de cor parda olivácea nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores varían da amarela á abrancazada.
Adoitan encontrarse en bosques abertos, xunqueiras e campos con herbas altas.
Os membros da familia están presentes no Vello Mundo, principalmente na Eurasia meridional e occidental e nas súas proximidades (ten algúns representantes en África), aínda que outros tamén se estenden até Oceanía.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1882 polo ornitólogo e herpetólogo británico Osbert Salvin.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Acrocephalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Acrocephalus, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, derivados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente.
Calasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia os 5 xéneros seguintes:[3]
- Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811
- Calamonastides Grant & Mackworth-Praed, 1940
- Hippolais Conrad von Baldenstein, 1827
- Iduna Keyserling & J. H. Blasius, 1840
- Nesillas Oberholser, 1899
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Acrocephalidae Salvin, 1882 no ITIS.
- ↑ folosa no dicionario da RAG.
- ↑ Acrocephalidae Salvin, 1882 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acrocefálidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acrocefálidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
- Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resumo)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Acrocephalidae na EOL.
- Famille des Acrocephalidae en Oiseaux.net (en francés).
- 61 Reed Warblers and allies Family Acrocephalidae na IOC World Bird List (Lista das aves do mundo, do International Ornithological Congress).