Enrique Costas Márquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Costas Márquez
Enrique Costas Márquez.jpg
Nacemento1861
 Morgadáns
Falecemento3 de xullo de 1925
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Enrique Costas Márquez, nado en Morgadáns (Gondomar) en 1861[1] e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 1925[2], foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Carolino Costas Márquez. Estudou no Seminario de Zaragoza e pasou despois ao de Santiago de Compostela. En 1896 foi nomeado canónico arquiveiro da catedral de Mondoñedo. Foi arcipreste e deán da catedral de Mondoñedo e catedrático de Metafísica e Ética no Seminario. Leu o discurso inaugural do curso 1892-93 en Santiago de Compostela, sobre o tema "Existe en el hombre un principio de vida distinto de la materia de su cuerpo. Este principio de vida, que informa la materia de nuestro cuerpo, es independiente de la misma"[3]. Fundou e dirixiu os periódicos La Defensa, El Pensamiento Católico e El Cruzado e foi redactor xefe de Acción Social.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costas Sueiras, Miguel (1995). "Enrique Costas Márquez, canónigo de Mondoñedo, pensador y periodista". Estudios Mindonienses (11): 79–130.