Abeokuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abeokuta

Abeokuta é unha cidade do suroeste de Nixeria, nas beiras do río Ogun, 530 000 habitantes (2002). O nome, en yoruba, significa baixo das rochas.

A cidade data de 1825, cando diante o perigo das expedicións de saqueo organizadas polos tratantes de escravos, a poboación local estableceu un refuxio neste lugar. Aquí fundaron unha confederación, e cada unha das partes conservou os seus costumes, relixión e mesmo o nome das súas antigas vilas.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abeokuta

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.