Abel Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abel Losada
Abel Losada 1.JPG
Nacemento2 de xuño de 1964
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Abel Fermín Losada Álvarez, nado en Ourense o 2 de xuño de 1964, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Membro da Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE dende outubro de 2000. Foi deputado no Parlamento de Galicia (2005-2008), concelleiro no Concello de Vigo (novembro de 2006 a maio de 2007) e director xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia (abril de 2008 a xaneiro de 2009).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]