Saltar ao contido

Abdelkader Salhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbdelkader Salhi
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Chlef Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo30 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013– Association Sportive Olympique de Chlef
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Selección de fútbol de Alxeria
2014–   Alxeria sub-23
Participou en
2016Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2016 Editar o valor en Wikidata

Abdelkader Salhi, nado en Chlef, vilaia de Chlef, o 19 de marzo de 1993, é un futbolista alxeriano que xoga de porteiro no Bergantiños. Foi 4 veces internacional coa selección de Alxeria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no 2013 nas filas do ASO Chlef da súa cidade natal, e nos seguintes anos pasou polo CR Belouizdad, o JS Kabylie e o MC Alger, todos eles da máxima categoría alxeriana. No ano 2017 foi elixido mellor gardameta do campionato alxeriano.[1]

En xuño de 2022 fichou polo Bergantiños, da Segunda División RFEF.[2]

Selección de Alxeria

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección sub-23 de Alxeria, coa que disputou a Copa de África de Nacións Sub-23 de 2015, chegando á final e sendo elixido mellor porteiro do torneo.[3] Ao ano seguinte formou parte do equipo alxeriano nos Xogos Olímpicos de Río, aínda que non chegou a xogar no torneo.

O 5 de setembro de 2017 debutou coa selección absoluta de Alxeria nunha derrota por 1-0 ante Zambia, nun partido de clasificación para o Mundial de 2018.[4]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
CR Belouizdad
  1. "Ballon d’or Le Buteur – El Heddaf 2017: Salhi élu meilleur gardien" (en francés). 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  2. "El internacional con Argelia Abdelkader Salhi, nueva incorporación del Bergantiños". DxT Campeón (en castelán). 20 de xuño de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  3. "Palmarès de la CAN-2015 (U23)". elhayatalarabiya.net (en francés). Archived from the original on 26 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  4. "Algeria crash and burn at the hands of Zambia" (en inglés). 5 de setembro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2022.