Abanqueiro Sociedade Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abanqueiro S.D.»)
Abanqueiro S.D.
NomeAbanqueiro Sociedade Deportiva
Fundación1985
EstadioA Charca, Abanqueiro
Inauguración1986
Capacidade700 afeccionados
PresidenteGalicia José Blanco López (Cocó)
LigaTerceira Autonómica de Galicia
2010-11
VestimentaRasan
PatrocinadorRio Blanco
Na rede
http://www.abanqueirosd.com
Titular
Alternativo

O Abanqueiro Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol fundado en 1985 na parroquia de Abanqueiro (Boiro). Xoga como local no campo da Charca.

O equipo de afeccionados xoga na Terceira Autonómica de Galicia, e en total conta con catorce equipos e máis de 250 deportistas: un equipo de veteráns (1ª División), un equipo de Xuvenís (2ª Autonómica), un equipo de Cadetes (1ª Autonómica), dous equipos de Infantís (Liga Galega e 2ª Autonómica), tres equipos de Alevíns (1ª Autonómica), dous equipos de Benxamíns (1ª Autonómica) e tres equipos de Prebenxamíns (liga local de Boiro e liga de fútbol 8 da Delegación de Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol).

Historia[editar | editar a fonte]

Debuta en partido oficial en setembro de 1985 na categoría de 2ª Autonómica. Ese ano disputa os seus partidos como local no campo de Valiño-Cabo de Cruz. O 19 de outubro de 1986 inaugurouse o campo de fútbol da Charca, onde xoga na actualmente. Nas seguintes temporadas foi progresando o club e uns anos despois creouse outro equipo na categoría xuvenil. Porén, en 1993 estivo a piques de desaparecer por mor da dimisión do presidente, encargándose algúns socios da xunta directiva.

Torneo Internacional F7[editar | editar a fonte]

O equipo organiza un torneo das categorías benxamín e alevín, que conta coa participación das mellores escolas galegas de fútbol, como o Deportivo da Coruña ou o Celta de Vigo. O primeiro ano, en 2007, disputouse na Charca, e nas seguintes edicións nas instalacións municipais de Vista Alegre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]