A rapaza do tren
| A rapaza do tren | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
A rapaza do tren (en inglés: The Girl on the Train) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Tate Taylor e escrito por Erin Cressida Wilson. Baséase na novela homónima da autora Paula Hawkins. Está protagonizado por Emily Blunt, Rebecca Ferguson, Haley Bennett, Justin Theroux, Luke Evans, Allison Janney, Édgar Ramírez e Lisa Kudrow. O filme conta a historia dunha divorciada alcohólica que se ve implicada nunha investigación sobre unha persoa desaparecida.
A rodaxe principal comezou o 4 de novembro de 2015 na cidade de Nova York. Foi producido por Marc Platt e DreamWorks Pictures, e A rapaza do tren foi o primeiro filme distribuído por Universal Pictures como parte do novo actodo de distribución con DreamWorks a través da compañía Amblin Partners.[1]
Estreouse en galego o 24 de agosto de 2023 a través da TVG.[2][3] Foi traducido por Adrián Ramos e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Emily Blunt como Rachel Watson
- Rebecca Ferguson como Anna Watson
- Haley Bennett como Megan Hipwell
- Justin Theroux como Tom Watson
- Luke Evans como Scott Hipwell
- Allison Janney como DS. Riley
- Édgar Ramírez como Dr. Kamal Abdic
- Lisa Kudrow como Martha
- Laura Prepon como Cathy
- Darren Goldstein como "Man in the Suit"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pamela McClintock; Gregg Kilday (16 de decembro de 2015). "Steven Spielberg, Jeff Skoll Team to Form Ambling Partners, Strike Distribution Deal With Universal". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "A rapaza do tren en galego na TVG". Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
- ↑ @_adrian_ramos (ed.). "Dobraxe da rapaza do tren". Consultado o 6 de setembro de 2023.
- Filmes de 2016
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Tate Taylor
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes sobre asasinatos
- Filmes sobre loito
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes sobre alcoholismo
- Filmes de DreamWorks
- Filmes de Nordisk Film
- Filmes de 2016 con versión en galego