The Girl on the Train (novela)
A moza do tren | |
---|---|
Título orixinal | The Girl on the Train |
Autor/a | Paula Hawkins |
Orixe | Gran Bretaña |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | suspense, intriga |
Editorial | Doubleday |
Data de pub. | 2015 |
Páxinas | 320 |
ISBN | ISBN 978-0857522313 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Girl on the Train (en galego: A moza do tren) é unha novela de intriga e misterio da autora británica Paula Hawkins, publicada en 2015, que se converteu nun superventas en Gran Bretaña, os Estados Unidos e o Uruguai desde a súa publicación, e da que se venderon cinco millóns de exemplares en seis meses, permanecendo 20 semanas na lista dos libros máis vendidos do New York Times, e en España superou as 44 edicións.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Rachel é unha muller devastada polo seu divorcio, que cada mañá toma o tren das 08:04 cara a Londres. Tódolos días, o tren detense nun semáforo vermello, desde onde pode observar varias casas. Nunha delas vive unha parella á que Rachel chama Jason e Jess e sobre a que se inventou unha perfecta historia de amor, que máis tarde descobre que non é tan perfecta. Por mor diso, vese involucrada nun misterio.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rachel: é a protagonista da historia, é unha muller alcólica e con varios problemas na súa vida. Cada vez que toma o tren, nunha parte do camiño albisca a unha parella á que chama Jess e Jason que, segundo Rachel, son a parella perfecta.
- Tom: ex parella de Rachel, divorciouse dela polos problemas de alcolismo que tiña Rachel e polos constantes problemas que tiñan como parella. Despois do divoricio, conseguiu formar unha nova familia á cal está disposto a defender como sexa.
- Megan: é a moza á que Rachel chama como Jess. Megan é unha muller con varios segredos escuros e a súa realidade é moi distinta á que Rachel imaxina.
- Scott: é a parella de Megan, polo tanto Jason para Rachel. Scott, do mesmo xeito que Megan, é un home con varios defectos o que enturba a súa relación amorosa, que é moi diferente do que aparenta fronte ao resto das persoas.
- Anna: é a actual esposa de Tom co cal teñen unha pequena filla. Ela é unha muller que vive tratando de compracer ao seu marido e loita pola felicidade da súa familia. Por outra banda vive constantemente asustada e incómoda pola presenza da ex de Tom (Rachel).
Adaptación cinematográfica
[editar | editar a fonte]Os dereitos para a súa adaptación ao cine foron adquiridos por Dreamworks en 2014.[2] En maio de 2015, anunciouse que o director da película sería Tate Taylor cun guión de Erin Cressida Wilson.[3] O 5 de xuño de 2015, fíxose público que a actriz Emily Blunt, estaba en conversacións para protagonizar a película[4], que se realiza en 2016.[5]
Referencia bibliográfica
[editar | editar a fonte]Non existen traducións ó galego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plaza, J.M. (02-07-2015). "Paula Hawkins, 'la chica del tren'". elmundo.es. Consultado o 10-04-2018.
- ↑ Kroll, Justin (24-03-2014). "DreamWorks Acquires Novel ‘The Girl on the Train’ for Marc Platt (EXCLUSIVE)". variety.com. Consultado o 10-04-2018.
- ↑ McNary, Dave (21-05-2015). "‘The Help’ Director Tate Taylor Boards ‘Girl on the Train’". variety.com. Consultado o 10-04-2018.
- ↑ Kroll, Justin (04-06-2015). "Emily Blunt in Talks to Star in ‘The Girl on the Train’ Adaptation". variety.com. Consultado o 10-04-2018.
- ↑ "La chica del tren". quelibroleo.com. Consultado o 10-04-2018.