A memoria dun asasino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A memoria dun asasino
Ficha técnica
Título orixinalMemory
DirectorMartin Campbell
Produtor
GuiónDario Scardapane
Baseado enDe Zaak Alzheimer de Jef Geeraerts
De Zaak Alzheimer de Carl Joos e Erik Van Looy
Intérpretes
MúsicaRupert Parkes
FotografíaDavid Tattersall
MontaxeJo Francis
Estudio
Distribuidora
Estrea29 de abril de 2022
Duración114 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e suspense
Recadación14 millóns de dólares[1]
Na rede
https://www.memorymov.com
IMDB: tt11827628 Filmaffinity: 454040 Allocine: 232918 Rottentomatoes: m/memory_2022 Metacritic: movie/memory-2022 Editar o valor em Wikidata

A memoria dun asasino (en inglés: Memory) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Martin Campbell a partir dun guión de Dario Scardapane. Baséase na novela De Zaak Alzheimer de Jef Geeraerts e é un remake do filme belga De Zaak Alzheimer. Está protagonizado por Liam Neeson no papel dun sicario melancólico con demencia precoz que debe fuxir despois de declinar un contrato cunha moza nova; Guy Pearce, Monica Bellucci, Harold Torres, Taj Atwal e Ray Fearon forman o resto do elenco.[2]

A memoria dun asasino estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 29 de abril de 2022 a través de Open Road Films, e recibiu valoracións negativas por parte da crítica. O 25 de novembro de 2022, estreouse en Amazon Prime Video unha versión subtitulada en galego.[3] [4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Liam Neeson como Alex Lewis
  • Guy Pearce como Vincent Serra
  • Monica Bellucci como Davana Sealman
  • Harold Torres como Hugo Marquez
  • Taj Atwal como Linda Amistead
  • Ray Fearon como Gerald Nussbaum
  • Daniel de Bourg como William Borden
  • Josh Taylor como Randy Sealman
  • Ray Stevenson como Detective Danny Mora[5]
  • Mia Sanchez como Beatriz Leon
  • Lee Boardman como Mauricio
  • Scot Williams como Ellis Van Camp
  • Rebecca Calder como Wendy Van Camp
  • Stella Stocker como Maya
  • Natalie Anderson como Maryanne Borden
  • Atanas Srebrev como Dr. Joseph Myers
  • Antonio Jaramillo como Papa Leon
  • Doug Rao como Andy Villalobos
  • Josh Macrena como Howe
  • J.R. Esposito como Ballard
  • Vlado Mihailov como Coleman
  • Sofia Soltess como Emma Van Camp
  • Tudor Chirila como Luis Matan
  • Marina Krumova como Madera Matan
  • Lubomir Buchvarov como Paul
  • Sigal Diament como Serena
  • Danay Velinova como Marisol
  • Louis Mandylor como broker bébedo
  • Jake Tapper como el mesmo (sen acreditar)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Memory (2022)". Box Office Mojo. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  2. Wilson, Lena (2022-04-28). "‘Memory’ Review: Getting Too Old for This". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-06-13. 
  3. pipocas.amesa.gal (ed.). "Memory". Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  4. Fansubgalego, ed. (24 de novembro de 2022). "Memory subtitulado en galego en Amazon Prime Video". Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  5. Tomasi, Rollo (2022-03-18). "MEMORY (2022) Movie Trailer: Liam Neeson is Losing His Memory in Martin Campbell's Action Film". FilmBook. Consultado o 2022-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]