A formiga atómica ten a súa base nun formigueiro onde posúe un sistema informático e mais un ximnasio. Os seus poderes principais son a capacidade de voar, a velocidade vertixinosa e unha forza asombrosa. Vai equipada cun casco con dous buratos por onde lle saen as antenas coas que capta as chamadas de perigo. Ademais leva unha camiseta cun grande "A" escrito como abreviatura de Atom Ant. A miúdo é a policía quen a avisa para encargarlle misións, se ben moitas delas son parodias de Batman.
O seu nome é practicamente homófono de adamant, palabra inglesa que significa "inflexíbel", o que xogaría coa forza característica das formigas. O seu grito de guerra é: "Contra o mal, a Formiga Atómica!" ("Up and At 'em, Atom Ant!" en inglés).