Saltar ao contido

A Sobreira, Nogueira, Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sobreira
ParroquiaNogueira
ConcelloMeis
Coordenadas42°31′05″N 8°43′15″O / 42.5181289, -8.7208591
Poboación29 hab. (2025)
[ editar datos en Wikidata ]

A Sobreira é un lugar da parroquia de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 29 habitantes no ano 2025, dos que 17 eran mulleres e 12 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 34 veciños, e 2010, cando tamén eran 34.

En 1842, a capitalidade do concello trasladouse desde San Martiño de Meis, onde o Madoz[1] situaba a capital, ata este lugar da Sobreira, pero as protestas das parroquias de Meis e da Armenteira provocaron o traslado ó lugar do Redondelo (na parroquia de San Salvador de Meis), tal como consta xa en 1860. En todo caso, en 1900 e ata o presente, a capital do concello está situada no Mosteiro.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Nogueira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra)

Caticovas | A Centinela | O Cruceiro | Fondo de Vila | A Grela | A Lomba | Monte de Casa | O Mosteiro | Paiendes | Penente | A Pubuxeira | As Quintáns | A Rochela | Santín | A Sobreira | O Tallón | A Veiga da Vila | Zacande

Parroquias de Meis

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicenzo) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

  1. Pascual Madoz: Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar.
  2. Xosé Fariña Jamardo: Os concellos galegos. Parte Especial, tomo V: Irixoa-Moeche, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993, 397.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]