Luisa Roldán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Roldana»)
Infotaula de personaLuisa Roldán
Biografía
Nacemento(es) Luisa Ignacia Roldán Villavicencio Editar o valor em Wikidata
1000 Editar o valor em Wikidata
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1706 Editar o valor em Wikidata (705/706 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCádiz
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura e Barroco Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro Roldán (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Virxe do leite, Museo de Belas Artes de Sevilla
Gines de la Jara
Nosa Señora da Soidade, Puerto Real (Cádiz), 1688

Luisa Ignacia Roldán, nada en Sevilla o 8 de setembro de 1652[1] e finada en Madrid o 10 de xaneiro de 1706, foi unha escultora española da época barroca, coñecida tamén como La Roldana. Foi a primeira muller escultora documentada en España.[2][3][4] Roldán é recoñecida no Museo da Sociedade Hispana por ser "unha das poucas mulleres artistas que mantivo un estudio fóra dos conventos na España do Século de Ouro".[5]

Pola calidade da súa obra, Antonio Palomino considerouna unha escultora tan importante coma o seu pai, Pedro Roldán.[6]

Aínda que Roldán se converteu en escultora de cámara, ou escultora da corte, do rei Carlos II, tivo dificultades económicas. Como moitos artistas da súa época morreu pobre, asinando unha declaración de pobreza pouco antes da súa morte. O día da súa morte, Roldán recibiu o título de "Mérito Académico" da Accademia di San Luca de Roma.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roldán naceu en Sevilla, filla do escultor Pedro Roldán e da súa muller Teresa de Ortega.[8] O seu pai ensinoulle, igual que aos seus irmáns, a debuxar, dar forma ao barro e finalmente esculpir ou tallar en madeira. Fíxose aprendiz no taller do seu pai.[9]

No obradoiro tamén traballaba Luis Antonio de los Arcos, con quen Roldán casou cando ela tiña dezanove anos.[7] As parellas escollidas por dúas das súas irmás e un irmán tamén sufriron a desaprobación dos pais.

Despois, Roldán traballou en Cádiz de 1686 a 1688.[10] Estableceu o seu propio taller xunto co seu marido e o seu cuñado, Tomás de los Arcos, para realizar esculturas relixiosas en madeira policromada. Roldán era a escultora principal,[8] mentres que o seu marido axudaba coa súa experiencia en pintura da carne e nos dourados.[11] Tamén se lle chamaba "encarnado", o que significaba que era especialista en pintar tons de carne.[9]

Roldán realizou esculturas en madeira e estatuas para o concello e a catedral de Cádiz.[10] En 1688 trasladouse a Madrid,[12] e en 1692 recibiu posteriormente o cargo de "escultora de cámara" ou "escultora da corte", servindo a Carlos II e máis tarde a Filipe V como "escultora do rei".[13] Roldán creou unha peza de terracota chamada "Virxe co Neno" e doouno á Accademia di San Luca, na que ingresou ao final da súa vida.[14]

Roldán tivo sete fillos, dous dos cales sobreviviron ata a idade adulta. Dos cinco que morreron, a causa da morte en dous casos foi a desnutrición.[8] Durante o tempo que traballou para Carlos II, Roldán, o seu marido e os seus fillos sufriron fame debido á escaseza xeral de alimentos durante a crise económica do país.[15]

Intentou mellorar a súa situación financeira pedindo axuda á segunda esposa de Carlos II, a raíña María Ana. A raíña respondeu enviando diñeiro, mais resultou insuficiente. O marido de Luisa, Tomás de los Arcos, esperaba mellorar as cousas solicitando un posto na corte, pero non tivo éxito.[7]

O marido de Roldán si que participou na comercialización do seu traballo e na ampliación da súa reputación. Carlos II encargou unha escultura titulada "Nazareno", mais trala morte de Carlos II, esta quedou no taller da artista. O seu marido intentou enviar a escultura a Roma por recomendación de contactos influentes, mais resultou que non era do agrado do destinatario previsto.[14]

Roldán morreu na pobreza en Madrid en 1706.

Estilo e método[editar | editar a fonte]

O estilo de arte de Roldán creouse a través do seu punto de vista do mundo, do seu acceso aos recursos e dos materiais que empregou para cultivar as súas detalladas esculturas. Utilizaba tres tipos de madeira diferentes para crear determinadas esculturas, como o "Ginés de la Jara". Había dous tipos que prefería que eran suaves e de gran fino.[9]

Roldán e o seu pai foron quen de facer estables as súas esculturas, como "Ginés" e "San Xosé co Neno", mais á vez lixeiras utilizando materiais de diferentes lugares do mundo. Tiñan que escoller coidadosamente materiais que axudasen á estabilidade da estatua. Por exemplo utilizaban o ciprés mediterráneo mais tamén o cedro español que se utilizaba para a parte máis difícil das esculturas que eran as mans. Despois da obtención dos materiais, Pedro Roldán utilizaba unha técnica coñecida en todo o mundo artístico que era o baleirado da sección da madeira. Roldán con anacos máis pequenos da madeira traballaba nos pés. Cando remataba de tallar os pés traballaba na cara. Luisa Roldán creaba a cara e a barba dun xeito único tallando nun bloque de madeira unha máscara que finalmente se unía coa parte posterior da cabeza.[9] Finalmente, engadía detalles como follas e outros patróns á base da escultura. Finalmente a escultura era entregada ao pintor, Tomás de los Arcos.

Legado[editar | editar a fonte]

Luisa Roldán influíu en varias mulleres artistas de Sevilla, Cádiz e Madrid grazas ás súas esculturas e á súa innovación artística.[16][17] As mulleres artistas eran vistas como parte dunha esfera "privada" e os homes eran unha esfera "pública".[18] Cando Roldán creou as súas esculturas, fixo pública a súa obra e cambiou a forma en que se percibía a arte no século XVII. Era unha artista feminina coñecida como a escultora española que tiña o seu propio nome.

Grazas ás súas obras de arte, puido gañar un título real como "escultora de cámara". Roldán puido ilustrar a súa propia entrada en Vidas dos eminentes pintores e escultores españois.[18] Porén, no século XVIII descubriuse que máis de noventa nomes de mulleres eran artistas activas que contribuían á arte en España e Portugal. Había moitas outras mulleres artistas que se estaban a descubrir no momento en que Roldán publicou a súa obra. Isto creou tensión e polémica coa idea de que Roldán era unha das artistas españolas máis coñecidas. Por outra banda, abriu o camiño para unha nova arte innovadora centrada nas imaxes e esculturas de terracota.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A data de nacemento baséase no certificado de bautismo. Catherine Hall van den Elsen. Roldana, Andalucía Barroca 2007. Junta de Andalucía, Consejería de Cultura. ISBN 978-84-8266-717-1. p. 21.
  2. Gaze 1997.
  3. Luisa Roldan (1650–1704) Artwork Images, Exhibitions, Reviews Arquivado 2016-10-18 en Wayback Machine.
  4. Aínda que as súas datas de nacemento e falecemento foron establecidas hai anos, moitas páxinas web e publicacións aínda conteñen datas erróneas.
  5. "Sculpture". Hispanic Society of America (en inglés). 2015-11-25. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2021. Consultado o 2020-12-08. 
  6. Dabbs, Julia, K. (2009). Life Stories of Women Artists, 1550–1800: An Anthology. Routledge. pp. 196–198. ISBN 978-0754654315. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Bray, Xavier; Lenaghan, Patrick; Luis Romero Torres, Jose; Fontoira, Helene (2016). Luisa Roldán: Court Sculptor to the Kings of Spain. Traducido por Jennings & A. E. Suffield, Nicola. Madrid: Coll & Cortés. pp. 4–22, 42–48. 
  8. 8,0 8,1 8,2 García-Martín, Elena (2012). "Gendered Representations of the Militant Church Ana Caro's and Luisa Roldan's Rhetoric of War and Religion". Early Modern Women 7: 69–100. doi:10.1086/EMW23617532. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Bassett, Jane (2011). ""Process and Collaboration in a Seventeenth-Century Polychrome Sculpture: Luisa Roldán and Tomás de Los Arcos"". Getty Research Journal 3: 15–32. doi:10.1086/grj.3.23005385 – vía JSTOR. 
  10. 10,0 10,1 Luisa Roldán Arquivado 2013-03-13 en Wayback Machine., Getty Museum. Consultado o 30-04-2010.
  11. Khandekar, Narayan; Schilling, Michael (2001). "A Technical Examination of a Seventeenth-Century Polychrome Sculpture of St. Gines de la Jara by Luisa Roldan". Studies in Conservation 46 (1): 23–34. 
  12. A súa chegada a Madrid pode datarse algo antes do 28 de febreiro de 1688, cando a súa filla María Bernarda foi bautizada na igrexa parroquial de San Bernardo, Madrid. Catherine Hall van den Elsen. Roldana, Andalucía Barroca 2007. Junta de Andalucía, Consejería de Cultura. ISBN 978-84-8266-717-1. p. 25.
  13. Liana De Girolami Cheney (2005) Luisa Ignacia Roldán "La Roldana": New Attributions to the First Sculptress of Spain, 1652–1706 Mediterranean Studies 14: 150
  14. 14,0 14,1 Estrella, Felipe Serrano (2013). "State gift or strategy? La Roldana's Nazareno". Sculpture Journal 22 (2). 
  15. Heller, Nancy G. (2002). Women Artists: An Illustrated History (en inglés) (4th ed.). Nova York: Abbeville. p. 51. ISBN 978-0-789-20768-5. OCLC 54500479. 
  16. 16,0 16,1 Liana, De Girolami Cheney (2005). ""Luisa Ignacia Roldán 'La Roldana': New Attributions to the First Sculptress of Spain, 1652-1706."". Mediterranean Studies 14: 148–168 – vía JSTOR. 
  17. Lenaghan, Patrick (xaneiro de 2016). Luisa Roldán: Court Sculptor to the Kings of Spain. ResearchGate: Coll & Cortés. pp. 20–41. ISBN 978-0-9935643-0-7. 
  18. 18,0 18,1 Casey, Gardonio-Foat (2010). ""Daughters of Seville: Workshops and Women Artists in Early Modern Andalucía."". Woman's Art Journal 31: 21–27 – vía JSTOR. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gaze, Delia, ed. (1997). Dictionary of Women Artists 2. Londres: Fitzroy Dearborn. pp. 1192–1195. ISBN 1884964214. 
  • Hall-van den Elsen, Catherine Fuerza e Intimismo: Luisa Roldan, escultora, 2018, Madrid, CSIC. ISBN: 978-84-00-10377-4
  • Hall-van den Elsen, Catherine (2021). Luisa Roldán. Londres: Lund Humphries. ISBN 9781848224469. 
  • Catherine, Hall-Van den Elsen. Luisa Roldán. Los Angeles: Getty Publications, 2021. ISBN 978-1-60606-732-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]