A Laxe, Chantada
A Laxe | |
---|---|
Igrexa de Seoane - A Laxe | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°36′49″N 7°50′31″O / 42.61349649, -7.84206626 |
Área | 13,1 km² |
Poboación | 170 hab. (2019) |
Densidade | 12,98 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 176 habitantes (90 homes e 86 mulleres), 90 menos ca en 2007.
Situación
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias de Mouricios, Argozón e Muradelle polo norte; Requeixo e San Pedro de Viana polo sur; O Mato polo leste; e San Martiño de Asperelo e Santa Baia de Camba polo oeste.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destaca na parroquia a casona da Arca, unha antiga edificación situada preto do lugar de Vilanova. Esta casa data de principios do século XVIII e conserva un escudo de armas na súa entrada principal que indica a súa orixe nobre así coma unha capela.
Tamén atopamos diversas capelas localizadas en distintos puntos da parroquia coma a de Penasillas, a de Carballizos, ou a de Riopedroso, estas dúas últimas capelas pertencen á Casa Grande do Taboada de Carballizos e á Casa Grande do Fidalgo de Riopedroso respectivamente.
Festas
[editar | editar a fonte]Na parroquia celebrase a festividade de santo Agostiño os días 28 e 29 de agosto así como a festividade de san Xoán o 24 de xuño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro de Seoane - A Laxe
-
Vidreira Igrexa de Seoane
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Laxe
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Laxe no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
A Arca | Carballizos | Comezo | A Lucenza | Nuxilde | Penasillás | Quintela | Riazón | Río Pedroso | Seoane | Vilanova | Vilaseco | Xoanín |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia. Ano 2016. Chantada". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2017.