Las Mariñas
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Mariñas.
| Las Mariñas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Las Mariñas foi un semanario editado en Bergondo entre 1886 e 1893.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 21 de maio de 1886. Semanario de tendencia católica e tradicionalista. Estaba dirixido por Hipólito Codesido Sánchez. Entre os seus redactores e colaboradores figuraron José María Montes, Juan Gómez Navaza, A.B. Llano, A. Campos, José García Acuña e "P.T. Nera". Incluíu noticias relixiosas e organizou dous certames literarios en 1886 e 1887. Cesou a súa edición en 1888.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Deixou de editarse durante algúns anos, iniciando unha segunda etapa o 2 de outubro de 1892 co subtítulo Periódico independiente de intereses generales con Juan Gómez Navaza como director. Cesou a súa edición o 5 de novembro de 1893.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Torres Regueiro, Xesús (1983). "A prensa betanceira (I): de "El Censor" a "Por la Patria", 1883-1898" (PDF). Anuario Brigantino 6: 69–84. Consultado o 19 de agosto de 2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Las Mariñas na Hemeroteca Virtual de Betanzos Arquivado 26 de maio de 2012 en Wayback Machine.