A Ferrería, Santo André, As Nogais
| A Ferrería | |
|---|---|
Ponte Nova sobre o rego de Santo André | |
| Parroquia | Santo André |
| Concello | As Nogais |
| Coordenadas | 42°49′00″N 7°06′50″O / 42.81679224664, -7.1138887554859 |
| Poboación | 21 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Ferrería é unha localidade pertencente á parroquia de Santo André concello das Nogais. Dista da capital municipal 1 km saíndo pola N-VI en dirección á Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres)[1].
Adícase principalmente á agricultura. Entre os seus monumentos destacan as pontes sobre o regueiro de Santo André e a ponte sobre o río Navia, que serve de linde entre o concello das Nogais e Becerreá. Do outro lado da ponte está A Ferrería, na parroquia de Agüeira, do concello de Becerreá, constituíndo todo un mesmo núcleo de poboación pero pertencente a dous concellos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-06.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santo André
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santo André no concello das Nogais (Lugo) | |
|---|---|
|
Busgulmar | As Castiñeiras | A Ferrería | Fonfría | A Fonte do Cando | A Lagúa | A Lama da Vila | A Pintinidoira | Santo André | Vilar | Vilavexe |