A Cruz, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°06′22.4″N 8°46′58.6″O / 42.106222, -8.782944

A Cruz
A-Cruz-Taberna.jpg
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Poboación19 hab. (2019)

Cruz é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 19 persoas empadroadas (8 homes e 11 mulleres). Esta entidade de poboación sitúase a 1,5 km do centro da vila de Gondomar e a 40 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Unha ducia de vivendas constitúen no século XXI o espazo urbanizado deste lugar que fora un cruzamento de estradas atravesado polo antigo camiño real entre Tui e Baiona.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Taberna ou Venta da Cruz. O microtopónimo figura como Taberna da Cruz ou A Casa de Faustino do Estanco na lista da recollida realizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar en 2015[2]. O arquitecto Antonio Soliño Troncoso engade A Venta da Cruz, como outro nome da mesma casa, pois así é nomeada como referencia dun marco xurisdicional entre as parroquias de Mañufe e Donas no catastro de Ensenada de 1753[3].

Situada sobre o Camiño Real Tui – Baiona, a estrutura de granito segue en pé. Salienta Soliño Troncoso que “na cara exterior do lintel da porta de entrada dende o que foi patio e logo quizais ampliación cuberta existe unha inscrición baixo a data 1790, posiblemente a correspondente a obras de ampliación e mellora, con cuxa aplicación o pousadeiro sempre saía gañando; di: "OI NO SE FIA A MANA SI" (HOY NO SE FIA, MAÑANA SI)”[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 09/05/2020. 
  2. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Consultado o 09/05/2020. 
  3. 3,0 3,1 Soliño Troncoso, Antonio (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-09-06595-0. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)