A Caseta, Freixido, Larouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Caseta

Caseta de peóns que dá nome á aldea
ParroquiaFreixido
ConcelloLarouco
Coordenadas42°21′39″N 7°08′29″O / 42.360952777778, -7.1414888888889Coordenadas: 42°21′39″N 7°08′29″O / 42.360952777778, -7.1414888888889
Poboación18 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]


Igrexa parroquial de Freixido.

A Caseta é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 18 habitantes (sete homes e once mulleres), un menos ca en 2008 (dez homes e nove mulleres) e 2007.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo A Caseta débese á presenza dunha caseta de legoeiros. Na aldea únense as estradas OU-637 (que conecta coa OU-533, antiga C-533) e OU-636 (antiga N-120).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na aldea está a igrexa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Freixido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Freixido no concello de Larouco (Ourense)

A Caseta | Freixido

Parroquias de Larouco[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Larouco

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Larouco (Santa María) | Portomourisco (San Víctor) | Seadur (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Larouco – Freixido" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2013.