Unha breve historia do tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "A Brief History of Time")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Unha breve historia do tempo
Stephen Hawking NASA 50th 200804210001HQ.jpg
Título orixinal A Brief History of Time
Autor/a Stephen Hawking
Orixe Reino Unido Reino Unido
Lingua (en inglés)
Tema(s) Cosmoloxía
Editorial Flag of the United Kingdom.svg Bantam Books
GaliciaUSC
Data de pub. Flag of the United Kingdom.svg 1988
Galicia 2018
ISBN Galicia ISBN:978-84-16954-92-6
Tradución Jorge Mira

Stephen Hawking, autor de A Brief History of Time, experimentando a ausencia de gravidade nun módulo da NASA.

Unha breve historia do tempo[1] (o titulo orixinal en Lingua inglesa A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes) é un libro de divulgación científica escrito por Stephen Hawking e publicado en 1988.

Argumento[editar | editar a fonte]

O tema principal do que fala este libro é a natureza do Universo e a importancia do tempo. Fala sobre o tempo, onde se encontran os buratos negros, o principio de incerteza, o espazo e o tempo (Teoría da relatividade) e a unificación da física. Trata sobre a evolución que sufriu o noso Universo; o seu pasado, presente e futuro.

Resumo por capítulos[editar | editar a fonte]

Capítulo 1[editar | editar a fonte]

Fai un resumo dos diferentes modelos do universo a través do tempo pasando pola imaxe antiga de que a Terra era plana ata a descrición que fan os científicos actuais do universo mediante dúas teorías fundamentais: a teoría da relatividade xeral e a mecánica cuántica, e os esforzos da física actual pola busca dunha teoría que incorpore as dúas anteriores: unha teoría cuántica da gravidade.

Capítulo 2[editar | editar a fonte]

Trata das teorías do movemento de Newton, do espazo absoluto, do tempo absoluto, de como a teoría da relatividade rematou co concepto do tempo absoluto, da teoría da relatividade especial e como resulta inconsistente coa teoría da gravitación de Newton e da teoría da relatividade xeral de Einstein.

Capítulo 3[editar | editar a fonte]

Describe a evolución das teorías da expansión constante do universo.

Capítulo 4[editar | editar a fonte]

Presenta a doutrina do determinismo en contraposición co principio de incerteza, de onde xorde a mecánica cuántica, que, de acordo a Hawking, podería unificarse coa relatividade xeral por medio dunha teoría completa. Aínda cando a dita teoría aínda non existe, si se coñecen algunhas das características que debe posuír.

Capítulo 5[editar | editar a fonte]

Explica dende a crenza de Aristóteles de que a materia era infinitamente divisible, pasando polo átomo e máis recentemente o descubrimento de partículas cada vez máis pequenas chegando ao quark e explica as teorías das partículas portadoras de forza, nas súas catro categorías e o que estas implican na comprensión do universo.

Capítulo 6[editar | editar a fonte]

Detalla o xeito de como se forman os buratos negros e como se podería pensar en que estes poderían considerarse o fin do tempo.

Capítulo 7[editar | editar a fonte]

Formula o comportamento da luz con respecto á fronteira do burato negro. Menciona a segunda lei da termodinámica, e relata como paulatinamente foi chegando a cálculos matemáticos para explicar que os buratos negros emiten partículas e radiacións coma se fosen un corpo quente e polo tanto emiten algo de luz.

Capítulo 8[editar | editar a fonte]

Cuestiónase acerca da orixe e o destino do universo, facendo alusión a crenzas teolóxicas e a dificultade de conciliar estas cos descubrimentos e teorías científicas máis recentes.

Capítulo 9[editar | editar a fonte]

Analiza a evolución do concepto de "tempo", dende o tradicional pasando polo tempo "imaxinario" e as chamadas frechas do tempo que distinguen entre o pasado e o futuro.

Capítulo 10[editar | editar a fonte]

Formúlase a conveniencia de integrar a unificación da física, mediante unha teoría consistente e completa que integre as diferentes ramas do coñecemento humano.

Capítulo 11[editar | editar a fonte]

Presenta as conclusións do autor e a súa inquietude de integrar o pensamento filosófico co científico ata chegar a unha teoría completa comprensible para calquera ser humano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Unha breve historia do tempo". 17-9 2018. Consultado o 17 Setembro 2018.