A Arrotea, Amorín, Tomiño
A Arrotea | |
---|---|
Parroquia | Amorín |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 41°59′49″N 8°40′57″O / 41.997003214369, -8.682441294213 |
Poboación | 332 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Arrotea é un lugar da parroquia de Amorín, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 332 habitantes (186 homes e 146 mulleres). Fai beira co río Miño. Neste lugar está situada a igrexa parroquial e o castelo, do que só fican ruínas.
As areeiras de Amorín son un embarcadoiro fluvial así denominado porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, hoxe xa caeu en desuso. Aquí, os pescadores do Miño, concentran unha pequena frota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan sables, lampreas, salmóns, meixóns e demais especies do río.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Amorín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Amorín no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Arrotea | Baceiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | O Outeiro |
Parroquias de Tomiño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Amorín, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.