A Abeleda, Xunqueira de Ambía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Vicente da Abeleda
igrexa parroquial
ConcelloXunqueira de Ambía[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′33″N 7°42′35″O / 42.17595, -7.7096277777778Coordenadas: 42°10′33″N 7°42′35″O / 42.17595, -7.7096277777778
Poboación428 hab. (2011)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicente da Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz-Maceda. A súa igrexa parroquial foi construída en 1950. Segundo o IGE en 2011 tiña 428 habitantes (213 homes e 215 mulleres).

Abeleda na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Rivas Quintas recolleu no lugar de Fondo de Vila a seguinte oración para bendicir o pan: "Que Deus te acrecente e o señor San Vicente e a Santa Mariña, pra que te fagan vir axiña" [2]. Rézase no momento de meter o pan no forno, facendo sobre el o sinal da cruz. Tamén recolleu oracións parecidas nos concellos ourensáns de Bande e Entrimo, próximos a Xunqueira: "Que Deus te avente con San Vicente. Que Deus te levede con San Mamede" [3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Abeleda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Abeleda no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense)

A Abeleda | Bustelo | Casasoá | Cima de Vila | Fondo de Vila | Padroso | Pazos da Abeleda | A Tellada

Parroquias de Xunqueira de Ambía[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente) | Armariz (San Salvador) | Bobadela a Pinta (Santa Mariña) | A Graña (Santiago) | Sobradelo (San Román) | Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Lémbrese que San Vicente é o patrón da parroquia.
  3. Elixio Rivas Quintas: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978, px. 109.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]