2101 Adonis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2101 Adonis
Descubrimento e clasificación
Descuberto por Eugène Delporte
Descuberto o 12-02-1936
Categoría no Mpc Apolo, Cruza con Marte
Designación provisional 1936 CA
Características orbitais
Época= 2456400.5 (2014-Dec-09.0) TDB[1]
Afelio 3,31 UA[1]
Perihelio 0.44 UA[1]
Eixo semi-maior 1.87 UA[1]
Excentricidade 0.71[1]
Período orbital 937.479 días[1]
2.57 anos
Velocidade orbital 18.10 km/s
Inclinación orbital 1.33 °[1]
Anomalía media 57.57 ° (M)[1]
Lonxitude do nodo ascendente 349.88 °[1]
Argumento do perihelio 43.21 °[1]
Características físicas
Diámetro 0.6 km[1]
Magnitude absoluta 18.7 mag[1]

2101 Adonis foi un dos primeiros asteroides próximos á Terra que se descubriron. Foi descuberto no 1936 por Eugène Joseph Delporte e foi nomeado Adonis polo fermoso mozo da mitoloxía de quen Afrodita se namorou. Este asteroide ten aproximadamente 1 km de diámetro.

Cando o asteroide foi descuberto por primeira vez non era posible facer as observacións suficientes para calcular a súa órbita, de tal xeito Adonis foi un asteroide que estivo perdido ata 1977, ano no que Charles T. Kowal volveu a descubrilo[2].

Adonis foi o segundo asteroide Apolo descuberto tras 1862 Apolo. Pode ser un cometa extinto e pode ser a fonte dalgunha chuvia de meteoros[3].

A órbita de Adonis ten achegamentos ás órbitas de Venus, da Terra e Marte[4].

Adonis na ficción[editar | editar a fonte]

En 1954, no cómic de Tintín titulado Explorando a lúa, o capitán Haddock en estado de embriaguez case se volve un satélite do asteroide, que estaba no tránsito entre a Terra e a Lúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Datos da NASA (JPL Small-Body Database Browser)". Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  2. Richard G. Hodgson: Long-lost planet 1936 CA ("Adonis") recovered. The Minor Planet Bulletin, Volume 4, p.35 (en inglés).
  3. Babadzhanov, P. B. (2003). "Meteor showers associated with the near-Earth asteroid (2101) Adonis". Astronomy and Astrophysics 397: 319–323. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  4. "JPL Close-Approach Data: 2101 Adonis (1936 CA)". Consultado o 29 de agosto de 2015.