Saltar ao contido

10,000 BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

10,000 BC
 Título
    10,000 B.C. (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Época ambientación
 Narrador/a
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
22 de febreiro de 2008 (Tokyo)
14 de marzo de 2008 (Suecia)
7 de marzo de 2008 (Canadá, Estados Unidos)
12 de marzo de 2008 (Bélxica, Francia)
6 de marzo de 2008 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Recadación
   269.800.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   109 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISAN0000-0001-DCB1-0000-M-0000-0000-8 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bqvqq Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
34/100 Metacritic (10 de decembro de 2024)
10% Rotten Tomatoes (10 de decembro de 2024)
3.4/10 Rotten Tomatoes (10 de decembro de 2024) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0443649 Filmaffinity: 103302 Allocine: 109040 Rottentomatoes: m/10000_bc Mojo: 10000bc Allmovie: v344317 TCM: 636628 Metacritic: movie/10000-bc TV.com: movies/10000-bc Netlix: 70060018 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

10,000 BC é unha longametraxe estadounidense dirixida por Roland Emmerich que foi estreada en 2008. Estreouse en galego na TVG o 1 de xaneiro de 2013.

Era un tempo no que o home e a besta eran indomábeis e o poderoso mamut camiñaba pola terra. Un tempo no que as ideas e as crenzas naceron e déronlle forma á humanidade. 10 000 a. C. Un xove cazador D'Leh (Steven Strait) comeza a busca da súa namorada á fronte dun exército atravesando o gran deserto. Terá que facer fronte ó mamut, e tamén ao smilodon (tigres de dentes de sabre) e outros depredadores prehistóricos, ó tempo que descobre unha avanzada civilización, os refuxiados da Atlántida que desembarcaron no que máis tarde se coñecería como o Antigo Exipto.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Erros cronolóxicos

[editar | editar a fonte]

O filme, á parte duns excelentes efectos visuais, ten algúns erros como por exemplo que nela móstrase como o home cultiva a terra, pero os primeiros cultivos datan do ano 8000 a. C. Tamén aparecen homes montando a cabalo, cando o home domestica cabalos aproximadamente dende o ano 2000 a. C. E finalmente os homes xa descubriran o ferro no filme, cando en realidade o home aprendeu a dominar o ferro cara ao ano 1500 a. C.

Aínda que se presenta como un filme sobre a prehistoria, contempla teorías non oficiais sobre este período, por exemplo, a teoría de que existiu unha cultura civilizada hai 10000 anos, algo semellante ó mito da Atlántida, retoma teorías de exiptólogos que din que se cadra a Esfinxe é anterior ó Antigo Exipto e que ó mellor os exipcios eran herdeiros dalgunha outra gran civilización.