Şenol Güneş
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1952 ![]() Trebisonda, Turquía ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Karadeniz Technical University (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Turquía ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Şenol Güneş, nado en Trebisonda o 1 de xuño de 1952, é un exfutbolista e adestrador turco. A súa carreira está estreitamente vencellada ao Trabzonspor, no que militou durante 15 anos como porteiro, na época máis gloriosa do club, co que gañou seis veces a Süper Lig e tres a Copa de Turquía. A súa importancia para o Trabzonspor é tal que o estadio do club leva o seu nome.[1] Tamén exerceu como adestrador do Trabzonspor en varias etapas, gañando dúas Copas de Turquía, pero os seus maiores logros como técnico foron levar a selección turca ata o terceiro posto no Mundial de 2002 e gañar dous títulos da Süper Lig co Beşiktaş.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Erdoğdu Gençlik, entrando máis tarde na canteira do Trabzonspor. Subiu rapidamente ao primeiro equipo, no que xogou entre 1972 e 1987. Durante eses anos gañou seis veces a Süper Lig e tres a Copa de Turquía, formando parte do que a prensa turca chamou "Trabzonpor Efsanesi" (literalmente "A lenda de Trabzonspor"), xunto con outros xogadores como Turgay Semercioğlu, Necmi Perekli e Ali Kemal Denizci
Na tempada 1978/79 estableceu un récord na Süper Lig, ao manter a súa portería a cero durante 1.110 minutos.[3] Foi 31 veces internacional coa selección turca, sendo capitán en cinco partidos.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]A súa carreira como adestrador comezou no mesmo Trabzonspor, onde foi segundo adestrador antes de coller as rendas do equipo el mesmo en 1988. Nos seguintes anos adestrou o Boluspor e o İstanbulspor, antes de regresar ao Trabzonspor en 1993. Gañou a Copa de Turquía na tempada 1994/95, e na seguinte estivo a piques de gañar a Süper Lig, despois de liderar a táboa case toda a tempada, pero finalmente acabou segundo ao ser superado nas derradeiras xornadas polo Fenerbahçe. Ao ano seguinte o equipo disputou a Copa da UEFA, onde foi eliminado polo FC Schalke 04. Deixou o club pouco despois e dirixiu a continuación o Antalyaspor e Sakaryaspor.
No ano 2000 foi o elixido para adestrar a selección turca. Conseguiu a clasificación para a Copa do Mundo de 2002 e realizou unha destacada actuación no torneo, logrando o terceiro posto. Ese ano gañou o premio ao adestrador do ano da UEFA. Despois do Mundial, recibiu ofertas de Grecia, Brasil e España, pero preferiu continuar na selección. Foi destituído despois de non conseguir a clasificación para a Eurocopa de 2004.
Regresou ao Trabzonspor en xaneiro de 2005, asinando un contrato de tres anos e medio. Rematou a tempada como subcampión de liga, e a continuación deixou o equipo. En decembro de 2006, o FC Seoul, un dos principais clubs de fútbol da K League de Corea do Sur, anunciou a súa contratación a partir de 2007.[4] Estivo á fronte do equipo da capital surcoreana durante tres campañas, deixando o equipo a finais de 2009.
Regresou entón ao Trabzonspor para substituír a Hugo Broos, comezando así a súa cuarta etapa como adestrador do club. Na campaña 2010-11 o seu equipo liderou a táboa durante media competición pero volveu acabar subcampión. Despois do Trabzonspor, asinou co Bursaspor cun contrato dun ano. O Bursaspor terminou 6º lugar na Süper Lig 2014–15 e chegou á final da Copa de Turquía ese ano. En xuño de 2015 converteuse no novo adestrador do Beşiktaş. En 2016 levou o equipo ao seu 14º título (o primeiro desde 2009), e repetiu conquista no ano seguinte.[5]
O 28 de febreiro de 2019, anunciouse o seu regreso á selección de Turquía, 15 anos despois da súa anterior etapa, a partir do 1 de xuño de 2019.[6] Conseguiu a clasificación para a Eurocopa de 2020, pero non puido lograr ningún punto no torneo, quedando eliminado na fase de grupos.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade Técnica de Karadeniz e deu clases nunha escola secundaria de Trebisonda entre 1978 e 1983.[8] El e a súa muller Semra teñen dúas fillas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Trabzonspor
- Süper Lig (6): 1975–76, 1976–77, 1978–79, 1979–80, 1980–81, 1983–84.
- Copa de Turquía (3): 1976–77, 1977–78, 1983–84.
- Supercopa de Turquía (6): 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1983.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Trabzonspor
- Copa de Turquía (2): 1994–95, 2009–10
- Supercopa de Turquía (2): 1995, 2010
Beşiktaş
- Süper Lig (2): 2015–16, 2016–17.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trabzonspor, yeni stadında ilk maçına çıkıyor" (en turco). 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Besiktas clinch back-to-back Turkish titles" (en inglés). 28 de maio de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Zoff v Buffon: who is Italy's all-time No1?". UEFA (en inglés). 12 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Gunes to lead FC Seoul" (en inglés). 12 de decembro de 2006. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Beşiktaş retain Turkish league title". UEFA (en inglés). 28 de maio de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Beşiktaş boss Şenol Güneş appointed Turkey national team coach" (en inglés). 28 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Turquía pincha el globo de las expectativas ante Suiza y cae eliminada (3-1)" (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ortaokul öğretmenliğinden futbolun zirvesine Şenol Güneş" (en turco). 12 de maio de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal.