Saltar ao contido

Şakir Selim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaŞakir Selim
Biografía
Nacemento10 de abril de 1942 Editar o valor en Wikidata
Rozdolne Raion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 2008 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Simferópol Editar o valor en Wikidata
EducaciónSamarkand State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Membro de

Şakir Selim, nado en Büyük As o 10 de abril de 1942 e finado en Simferópol o 18 de novembro de 2008, foi un escritor, xornalista e tradutor en tártaro de Crimea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Şakir Selim naceu nunha aldea da rexión de Aqşey pero pasou a súa infancia lonxe da súa terra natal ao deportar as autoridades soviéticas ao pobo tártaro de Crimea Viviu en Jomboy (Uzbekistán) e logo en Tashkent. En 1958 rematou o ensino medio e seguiu estudos en Samarcanda. Realizou o servizo militar en Siberia e en 1965 entrou na Universidade de Samarcanda para estudar filoloxía rusa, graduándose en 1971 e logo traballou como profesor de escola. Foi director do departamento de programas en tártaro de Crimea na radio rexional de Samarcanda. En 1963 publicou os seus primeiro poemas na revista Lenin Bayrağı [1]. En 1972 apareceu o seu primeiro libro de poemas Akbardak, ao que lle seguiron Duyğularım (1979), Sevgi Alevi (1981), Uyanuv (1986), Yellerni Diñle (1990), Tüşünce (1996), Kirimnam (2006) e Kirimnam II (2008). Volveu a Crimea en 1989, traballou no xornal en tártaro de Crimea Dostlukt e desde 1997 na revista literaria, Yıldız. Foi membro da Asemblea dos Tártaros de Crimea e presidente da Unión de Escritores Tártaros de Crimea (1992-2008).

Traduciu a obra Adam Mitskevich Sonety krymskie, así como poemas de Alexander Pushkin, Taras Schevchenko, Aleksander Tvardovsky ou Mikhail Lérmontov. O Teatro Dramático dos Tártaros de Crimea representou algunhas das súas traducións como Zhenitba de Nikolai Gogol ou Macbeth de William Shakespeare[2].