Saltar ao contido

Český sen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Český sen

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticodocumental e cinema de comedia Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua checa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aVít Klusák (pt) Traducir e Filip Remunda Editar o valor en Wikidata
Compositor/aVarhan Orchestrovič Bauer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaVít Klusák (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaVít Klusák (pt) Traducir e Jaromír Kalina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineZdeněk Marek Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enPraga Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeRepública Checa Editar o valor en Wikidata
Produtor/aČeská televize (pt) Traducir, Vít Klusák (pt) Traducir e Filip Remunda Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aNetflix Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 30 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxePraga Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBceskatelevize.cz… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0402906 Filmaffinity: 876350 Allocine: 60633 Allmovie: v310067 TCM: 643029 Metacritic: movie/czech-dream Netlix: 70056718 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Český sen (en checo O soño checo) é un filme documental dirixido por Vít Klusák e Filip Remunda, estreado en febreiro de 2004. Narra un engano a grande escala levado a cabo polos propios directores entre a sociedade de Praga, culminando no evento de apertura dun falso hipermercado. O filme era o seu proxecto final para a escola de filme na que estudaban.

O filme acadou premios en festivais en Cracovia, Jihlava, Liubliana e Århus.

O proxecto

[editar | editar a fonte]

A idea do engano veu desde un estudo feito en 2002, informando que o 30 % dos checos mercaba principalmente nos hipermercados. Houbo unha crecente preocupación no país sobre o aumento da publicidade e do consumismo. Ao xeito dun espello que reflectise a sociedade, o filme tamén mostra o traballo das empresas publicitarias e os seus métodos e trucos.

A película comeza con imaxes de arquivo de 1989, cando a caída do comunismo en Checoslovaquia.

Publicidade

[editar | editar a fonte]

Remunda e Klusák inventaron o Hipermercado "Český sen" e crearon unha campaña publicitaria masiva arredor del. Vestidos coma empresarios, os dous estudantes contrataron unha axencia de publicidade e unha axencia de relacións públicas para crearen unha campaña para eles. Instaláronse carteis grandes e paneis luminosos nas estradas e rúas checas, e 200.000 panfletos foron distribuídos en Praga. Gravouse un jingle e fíxose unha serie de anuncios televisivos. A campaña publicitaria buscaba un impacto no lector, con slogans coma "non veña" ou "non gaste".

Os directores lograron levar a 3.000[1] compradores a unha chaira baleira para a súa "apertura espléndida" o 31 de maio de 2003. O que parecía un edificio enorme desde unha certa distancia, era só unha fachada de tea apoiada por estadais.

Malia que a inauguración estaba prevista para as 10 da mañá, a primeira clienta chegou 3 horas antes. A afluencia de xente foi aumentando, debido á coincidencia cun eclipse de Sol que tivo lugar esa mañá e que animou á xente a saír da casa.

A revelación do engano

[editar | editar a fonte]

Antes da inauguración repartíronse agasallos entre os asistentes (bandeiras e chaveiros), e un mestre de cerimonias desde unha palestra animaba a concorrencia a cantar o jingle. Os directores, ficticios xerentes do hipermercado, cortaron unha fita e a xente comezou a dirixirse cara ao hipermercado (algunhas persoas mesmo correndo), situado a uns 300 metros.

Ao se decataren os clientes do engano, as reaccións foron moi diferentes. Houbo quen entendeu a mensaxe da película e quen non. Algúns tomaron a brincadeira con bo humor, mais a maioría estaba enfadada, e moitos culpaban mesmo ao goberno e á Unión Europea.

  1. Czech Television, 14 de maio de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]