Özlem Türeci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÖzlem Türeci

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Siegen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Chief medical officer (en) Traducir BioNTech (pt) Traducir
2008 –
Profesora universitaria en Francia Universidade de Maguncia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoTurks in Germany (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sarre (pt) Traducir
Werner-von-Siemens-Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoVaccine development (en) Traducir, medicina, Inmunoloxía, negocio, vacina e COVID-19 Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninvestigadora , médica , emprendedora , immunóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBioNTech (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua turca, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Global Conference 2021 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeUğur Şahin
Premios

IMDB: nm12398713 Editar o valor em Wikidata

Özlem Türeci, nada en Lastrup, Baixa Saxonia en 1967, é unha médica, inmunóloga e empresaria alemá de orixe turca.[1] É cofundadora e directora médica de BioNTech. Türeci e o seu equipo desenvolveron unha vacina contra o SARS-CoV-2.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Türeci é cofundadora e directora médica de BioNTech. Tamén preside a Asociación para a Inmunoterapia do Cancro (CIMT), con sede en Maguncia.[2] Foi unha das iniciadoras do Cluster para a Intervención Inmune Individualizada da rexión Rin-Meno, a cal preside, e é conferenciante na Universidade de Maguncia.[3][4][5][6][7]

É unha pioneira na inmunoterapia contra o cancro e traballou no desenvolvemento de vacinas individualizadas contra o cancro baseadas en ARN mensaxeiro.[1]

En 2001, Türeci colaborou na fundación de Ganymed Pharmaceuticals como directora científica da mesma, da que alcanzaría a dirección executiva en 2008.[6] Ganymed pasou a ser filial de Astellas Pharma por mor da súa adquisición en 2016 por 1300 millóns de euros, na que foi a maior adquisición na industria biotecnológica alemá até a data.[1]

Durante a pandemia de COVID-19, Türeci dirixiu a súa actividade á procura dunha vacina contra o SARS-CoV-2, o virus responsable da COVID-19, en asociación con Pfizer.[4] O 11 de novembro de 2020, Pfizer informou que Tozinameran, a vacina desenvolvida por Türeci e o seu equipo tiña unha eficacia de máis do 90 % en proporcionar inmunidade fronte ao virus.[8]

Premios[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2021 o xurado do Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica outorgou este galardón a Katalin Karikó, Drew Weissman, Philip Felgner, Uğur Şahin, Özlem Türeci, Derrick Rossi e Sarah Gilbert polas investigacións que permitiron o desenvolvemento das vacinas contra a covid 19.[9]

Ademais, recibiu os seguintes galardóns:

  • Premio Georges Köhler da Sociedade Alemá de Inmunología (2005).
  • Premio de Sostibilidade Nacional de Alemaña, Premio Honorario (2020).[10]
  • Persoa do Ano do Financial Times (2020).[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Fernández, Clara (9 de outubro de 2017). "The Woman Developing the Next Generation of Cancer Immunotherapy". Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  2. "CIMT". 
  3. "Cluster for Individualized Immune Intervention (Ci3) e.V.". 
  4. 4,0 4,1 "German pharma company BioNTech nears coronavirus vaccine". DW (en inglés). 9 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  5. Oltermann, Philip (9 de novembro de 2020). "Hopes rise for end of pandemic as Pfizer says vaccine is 90% effective". The Guardian (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Leadership" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  7. "Chairpersons – Cluster for Individualized Immune Intervention (Ci3) e.V." (en inglés). Cluster for Individualized Immune Intervention (Ci3) e.V. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  8. Gelles, David (10 de novembro de 2020). "The Husband-and-Wife Team Behind the Leading Vaccine to Solve Covid-19" (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. 
  9. Limón, Raúl (2021-06-23). "Los premios Princesa de Asturias distinguen a los investigadores de las vacunas contra la covid". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-06-23. 
  10. "Deutscher Nachhaltigkeitspreis: Startseite" (en alemán). Consultado o 17 decembro 2020. 
  11. Miller, Joe (16 de decembro de 2020). "FT People of the Year: BioNTech’s Ugur Sahin and Ozlem Tureci" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2020. 

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]