Saltar ao contido

Ötzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÖtzi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3375 a. C. ↔ 3150 a. C. Editar o valor en Wikidata
Feldthurns (sen valor) Editar o valor en Wikidata
Morte3359 a. C. ↔ 3105 a. C. Editar o valor en Wikidata
Tisenjoch (sen valor) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, desangramento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSouth Tyrol Museum of Archaeology (en) Traducir (1998–) Editar o valor en Wikidata
Peso40 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
outubro de 2011secuenciación do xenoma completo
morte Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Dawn of Everything Editar o valor en Wikidata
Páxina webiceman.it… Editar o valor en Wikidata
Lugar da descuberta.
A estela e a inscrición colocada no lugar da descuberta.

Ötzi ou momia do Similaun (dito tamén home de Similaun e home dos xeos) é o nome dado aos restos humanos descubertos, en 1991, nos Alpes de Venoste, no glaciar do Similaun, a 3.200 metros sobre o nivel do mar, nos límites entre Italia e o Val do Tirol (Austria), máis precisamente co Ötztal, na ladeira italiana, na provincia autónoma de Bolzano).

Realizáronse estudos que indican que a momia podería ser orixinaria de Velturno.[1] Análises do ADN mitocondrial do corpo momificado, revelaron que a cepa xenética do home de Similaun non deixou descendentes actuais no mundo.[2]

A descuberta

[editar | editar a fonte]

Trátase do cadáver dun ser humano de sexo masculino conservado mercé ás particulares condición climáticas producidas no interior do glaciar que actuaron como un conxelador (dun xeito semellante téñense achado en Siberia restos de mamut conservados en condicións análogas).

O corpo foi inicialmente trasladado á cidade de Innsbruck (Austria), onde foi examinado por expertos que o identificaron como un antigo habitante da zona alpina. Foi de seguido bautizado por un xornalista como Ötzi (Oetzi), inspirándose na denominación do lugar do descubrimento, o Ötztal ("Val de Ötz", cfr. alemán tal "val"), no Tirol setentrional. Unha designación máis racional, home ou momia de Similaun, polo nome do glaciar e a montaña onde foi atopado, aínda que usado algunhas veces, non tivo o éxito popular do primeiro nome.

No momento de ser descuberto, pensouse que podía ser un alpinista extraviado en anos recentes, tanto que foi alertada a xendarmería austríaca. Durante a recuperación, efectuado sen particolares precaucións conservadoras, foron danadas partes do corpo (tecidos externos, o fémur esquerdo).

A datación por radiocarbono atribuíulle unha antigüidade de cerca de 5.000 anos. Isto o enmarca no Calcolítico (Idade do Cobre), época de transición entre o Neolítico e a Idade de Bronce. Xunto co corpo acháronse tamén restos das vestimentas e obxectos persoais de grandísimo interese arqueolóxico, como un arco de madeira de teixo (Taxus baccata), un coldre con dúas frechas listas e outra preparada para ser traballada, un coitelo de pederneira, un "corrector" para traballar pederneira, unha machada de cobre, unha perla de mármore, esca e mecha e máis un cerrón para levar estes artefactos. O machado constitúe un material clave que está asociado coa cultura de Remedello ( na actual provincia de Brescia, Italia), posto que nas sepulturas desta cultura se atoparon machados da mesma factura.

Actualmente a momia de Similaun consérvase en Bolzano, no Museo arqueolóxico provincial, dentro dunha estrutura apropiada que a mantén nas condicións óptimas de conservación para permitir o seu estudo.

Como é bastante coñecido e debido ás excepcionais circunstancias do seu descubrimento, en torno a Otzi teñen sido formuladas unha boa cantidade de teorías e suposicións, con frecuencias carentes de verdadeiro fundamento científico, como quen era, como morreu, que facía no lugar do seu descubrimento a tal altitude etc.

O certo é que recentes análises puxeron en evidencia a presenza dunha punta de frecha de pederneira no interior do ombro esquerdo ( con penetración profunda en dirección ao corazón ) e máis algunhas feridas e abrasións (entre as que destaca un particular corte na palma da man dereita) que levaron a considerar a hipótese dunha morte violenta antes que por causas naturais, como de primeiras se pensara. A postura non natural en que foi encontrado o corpo parecía indicar que estaba a tentar extraer unha frecha do ventre; posteriores elementos fan pensar que formaba parte dun grupo[3], salvado dunha emboscada, e un posíbel compañeiro, con cuxo cadáver Ötzi tería cargado a ombros até o lugar da súa morte.

Ötzi, pastor

[editar | editar a fonte]

O 21 de agosto de 2008 espallouse a noticia de que Hollemeyer e máis outros colegas seus da Universidade de Saarland (Alemaña) efectuaran análises dalgúns pedazos dos seus vestidos e do calzado, utilizando un espectrómetro de masas, que permite determinar a composición química das mostras, e en opinión dos investigadores pode dar resultados máis fiabeis do test do ADN na análises de peles traballadas. Os investigadores publicaron os seus resultados no Rapid Communications in Mass Spectrometry, observando que os péptidos das proteínas presentes nas antigas peles, son totalmente similares ás de varias especies de animais criados aínda hoxe, e isto leva a pensar que Ötzi fose un pastor que talvez conducía aos pastos un rabaño durante o desprazamento estacional[4].

Porén, Gunter Kauffman, actual director do Museo arqueolóxico do Alto Adige non está de acordo con esta investigación.

Ötzi está considerado como o primeiro ser humano tatuado do que se teña coñecemento. Ten sobre o seu corpo 57 tatuaxes (cousa polo que se tornou moi famoso entre os tatuadores).

A técnica utilizada no Calcolítico parece diferente da moderna. Non se usaban agullas, senón que se practicaban pequenas incisión na pel, que logo se enchían con carbón vexetal para obter a imaxe.

As tatuaxes do home de Similaun consisten en simples puntos, liñas e cruciñas: están colocadas na parte baixa exterior da columna vertebral, na sofraxe esquerda e sobre da clavícula dereita. Como exames radiolóxicos localizaron formas de artrite xusto nestes puntos, interprétase que tales imaxes deberon ter unha función de tipo médico ou cultural, a fin de aliviar as dores.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 01 de novembro de 2008. 
  2. (en italiano) [1] ; a noticia confírmaa o xornal madrileño "El País", 31 outubro 2008, páx. 38, tras análises dirixidas polo xenetista Franco Rollo, na Universidade de Camerino, Italia: Ötzi pertencería a un haplogrupo K, moi común hoxe entre europeos, máis ningún dos 115 subtipos de K que subsisten casa co do home dos xeos
  3. Della comunità di pastori e cacciatori che lasciavano il villaggio di origine per lunghi periodi di traversata delle Alpi sarebbe anche prova la presenza di tracce omoerotiche sul corpo, che reca residui spermatici nel tratto anale.
  4. "Nei vestiti il mistero di Oetzi. 'Era un pastore'. 'Magari un capo'", artigo en www.repubblica.it, 21 de agosto de 2008 (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]