Ígor de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ígor
Príncipe da Rus de Kiev
Igor the Old.jpg
Ígor I
Reinado 914 - 975
Nome completo Ígor Ruríkovich ?
Nacemento ca. 878
Falecemento 975
Iskorosten
Predecesor Oleg "o Sabio"
Sucesor Olga
Consorte Olga de Kiev
Dinastía Ruríkdas
Pai Rúrik ?

Ígor (en nórdico antigo: Ingvar), nado contra 878, tamén coñecido como Ígor I e Ígor o Vello, foi un monarca varego da Rus de Kiev que reinou entre o anos 912 e 945.

Reinado[editar | editar a fonte]

Coñécense moi poucos datos da súa vida e do seu goberno, a maioría dos cales extraéronse da Crónica de Néstor, a primerira crónica sobre os rus'. Suponse que mon se van poder obter moitos rexistros daqueles momentos debido ao dominio dos kházaros.

De feito, dubídase se Ígor fora descendente do fundador da dinastía, Rúrik. Probabelmente fora un cuñado,[1] pero certamente era un varego de orixe (é dicir, un vikingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.

Ígor sitiou dúas veces a cidade de Constantinopla, en 941 e en 944. Pero a destrución do seu exército polos gregos obrigou ao príncipe a asinar un tratado de paz co emperador bizantino, tratado que se recolle na citada Crónica de Néstor.

Por outra parte, os rus' de Kiev saquearon nos anos 913 e 944 as poboacións musulmás do mar Caspio a través de varias expedicións á zona ordenadas por Ígor.

Porén, en contra destes escritos, segundo o historiador francés Constantine Zuckerman, a cronoloxía que recolle a Primeira Crónica pon de relevo o feito de que Ígor só reinou a rus de Kiev durante tres anos, desde o verán de 941 até a súa morte, en 945. De feito, ningunha crónica recolle o seu nome en datas anteriores de 941, aínda que coñecemos a data da morte do seu predecesor no trono, Oleg, 912.

Morte e sucesión[editar | editar a fonte]

O príncipe Ígor encontrou a morte en 945, mentres recadaba os trinutos dos drevlianos. Segundo o historiador bizantino León o Diácono, "conseguiron amarrar ao príncipe a dúas árbores que foran inclinadas. Deixándoas que recuperasen a súa posición, destrozaron o corpo do príncipe". A Crónica de Néstor busca a causa deste asasinato no feito de que Ígor tratou de cobrar os impostos até dúas veces nun mesmo mes.

Como resultado deste feito, a sucesora no trono, a súa esposa Olga, cambiou de arriba a abaixo o sistema de recadación de impostos (poliudie) no que se pode chamar a primeira reforma legal da que se ten memoria na Europa do Leste.

Galería[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Oleg
Gran Príncipe de Kiev

Rus de Kíev
912-945

Sucesor:
Olga


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en Lelorrain, Anne-Marie (dir.) (2005). El imperio carolingio y la llegada del feudalismo 814-1147. ISBN 84-8332-629-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian, David (1998). A History of Russia, Central Asia and Mongolia, Vol. 1.
  • Dunlop, D.M. (1954). History of the Jewish Khazars.
  • Gregoire, H. (1937). 'Le "Glozel' khazare.
  • al-Miskawaihi (1921). The Eclipse of the 'Abbasid Caliphate (Tradución de D. S. Margoliouth ed.).
  • Mosin, V. (1931). Les Khazars et les Byzantins d'apres l'Anonyme de Cambridge. pp. 309-325.
  • Zuckerman (1995). On the Date of the Khazar’s Conversion to Judaism and the Chronology of the Kings of the Rus Oleg and Igor. pp. 237-270.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]