Árabe libio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árabe libio
ليبي
Lībī
Pronuncia:[ˈliːbi]
Falado en: Libia, Exipto, Tunisia, Alxeria
Total de falantes: 6 millóns en Libia (2016)
90.000 en Exipto (2016)[1]
Familia: Semítica
 Semítica central
  Arábiga
   Magrebí
    Árabe libio
Escrita: Alfabeto árabe
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ayl
Mapa
Status

O árabe libio (en árabe: ليبي; Lībī) é unha variedade do árabe falado principalmente en Libia e en zonas adxacentes dos seus países veciños. O árabe libio pode dividirse en dúas variedades importantes: a oriental, centrada en Benghazi e Beida, e a occidental centrada en Trípoli e Misrata. A variedade oriental esténdese máis aló das fronteiras do país e comparte o mesmo dialecto co oeste de Exipto. A variedade do sur, centrada en Sabha é semellante á variedade occidental. Outro dialecto do sur tamén se estende máis aló das fronteiras ata o norte de Níxer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dialects of Arabic: Maghreb dialects, dans: The Arabic Language, Edinburgh University Press (2001), páxinas 164–169 Arquivado 29 de marzo de 2017 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Roger Chambard, Proverbes libyens recueillis par R. Ch., ed. by Gilda Nataf & Barbara Graille, París, GELLAS-Karthala, 2002 [pp. 465–580: index arabe-français/français-arabe]- ISBN 2-84586-289-X
  • Eugenio Griffini, L'arabo parlato della Libia – Cenni grammaticali e repertorio di oltre 10.000 vocaboli, frasi e modi di dire raccolti in Tripolitania, Milán: Hoepli, 1913 (reprint Milán: Cisalpino-Goliardica, 1985)
  • Christophe Pereira, Le parler arabe de Tripoli (Libye), Zaragoza: Instituto de Estudios Islámicos y del oriente próximo, 2010