Ánxela Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁnxela Mariño
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata


Ángela María Mariño Varela, coñecida como Ánxela Mariño, nada en Vilagarcía de Arousa en 1969, é unha artista, pintora e profesora galega.[1] Desenvolve a súa actividade principalmente no campo das artes pictóricas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Formación do Profesorado en Pontevedra, na Universidade Nacional de Educación a Distancia e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É membro da Asociación Profesional de Artistas de Galicia, A Colectiva[2]. En 1998 instalouse na Estrada, e alí a súa pintura deriva na procura de novas vías artísticas con obras de diverso tipo: expresionistas como soños (2000); cubistas como sombreiros (2002), cabelo (2003); fauvistas, como dedos (2000), Ría de Ferrol (2001); ou postimpresionistas. como bodega (2004) caracois (2005), cunchas e charco (2006). A súa traxectoria artística inclúe tamén gravados como momentos da túa vida (2005-2006); relevos, como liñas de area (2005); alén de debuxos impresionistas, como rostros (2010- 2011), De muller (2010); e pezas surrealistas, como Serie oníricos (2011), ou erótica (2016). Ademais, a pintora tense adentrado nos campos da escultura, con liñas (2010), e da fotografía conceptual, con Lyrics (2012), Orgánico ou What about the room (2015).

Alén de artista, a pintora é docente no IES de Pontepedriña, especialista en pedagoxía terapéutica, e promove e participa en varias asociacións ecoloxistas. A obra da artista está realizada utilizando técnicas variadas tanto en pintura, como en debuxo, e tamén escultura.[3]

A artista realizou xa varias exposicións na cidade ao longo da súa carreira, nos Centros Socioculturais da Rocha, Sar e Conxo, onde expuxo a colección de gravados. Tamén ten participado en exposicións colectivas como Tiene un algo que es un no sé qué, dirixida por Chelo Matesanz, na Cidade da Cultura, así como na Walking Gallery 2016 celebrada na cidade.[4]

Unha das series foi presentada na exposición Co-existencias[5] no Claustro do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, programada pola Área de Cultura da USC.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Colectiva - Ánxela Mariño". acolectiva.org. Consultado o 2024-03-01. 
  2. Arteinformado (18/05/2022). "Ánxela Mariño - LEIREM. Artista". Arteinformado (en castelán). Consultado o 2024-03-01. 
  3. "'Co-existencias', de Ánxela Mariño, Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-03-01. 
  4. Rey, Lorena (2023-06-20). "Pinturas de Ánxela Mariño amosan en Fonseca o aspecto relacional e reflexivo da vida". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-03-01. 
  5. "Co-existencias, Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela e os seus Arredores". www.santiagoturismo.com. Consultado o 2024-03-01. 
  6. "Exposición de pintura de Ánxela Mariño en el Colexio de Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-20. Consultado o 2024-03-01.