Ángel Santos Rodríguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Flariz, España |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Conflito | guerra civil española |
Ángel Santos Rodríguez, coñecido como Antonio de Verín, nado en Flariz (Monterrei), foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia onde foi compañeiro dos irmáns Manuel e Jesús Girón Bazán, de Hilario Álvarez Méndez e de Eduviges Orozco Palacín. Acompañou a Samuel Mayo Méndez, Benigno Fraga Pita e José María Saavedra Díaz cando viñeron a Ourense en agosto de 1946. O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochado co seu compañeiro Francisco Peña. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos, e Ángel Santos puido fuxir ferido. Acompañou a Samuel Mayo á reunión con dirixentes da I Agrupación na zona de Valdeorras en maio de 1949. Alí pérdese a súa pista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. p. 65. ISBN 978-84-9126-680-8.