Álvaro Vázquez Penedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Vázquez Penedo
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1913 Editar o valor em Wikidata
Sedes, España Editar o valor em Wikidata
Morte2005 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Álvaro Vázquez Penedo, nado en Sedes, Narón o 14 de agosto de 1913 e finado en Pontedeume en 2005, foi un mestre galego que desenvolveu a meirande parte do seu labor profesional en Pontedeume.

Traxectoria académica e profesional[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela. Logo dun paso fugaz como mestre polas escolas de Casadelos, Neda e Bardaos, Tordoia, o 11 de novembro de 1934 foi destinado á Escola de Orientación Marítima de Pontedeume, onde permaneceu ata o 31 de agosto de 1967. Neste ano pasa a encargarse da escola unitaria de Centroña, onde permanece ata a súa xubilación en 1983.

Amais dos estudos de Maxisterio, era Diplomado en Formación Profesional (modalidades Administrativa e Orientación Marítima), e en Lingua Francesa pola Universidade da Sorbona de París, onde coñeceu ao pedagogo francés Roger Cousinet co que colaborou no desenvolvemento do método pedagóxico O ensino por grupos.

En 1940 fundou o Colexio Cervantes, máis tarde Colexio Luis Vives, onde impartiu docencia de pedagoxía aos rapaces eumeses que facían Maxisterio por ensino libre.

É autor do libro El románico en la comarca eumesa (1977) e colaborou na Guía Turística da comarca eumesa.

Labor social[editar | editar a fonte]

En 1939 foi nomeado Delegado Comarcal de Xuventudes, cargo que tivo ata 1965. Durante ese tempo introduce en Pontedeume a práctica de deportes ata entón descoñecidos na vila, crea a Academia de Música que dirixe o músico eumés Antonio Leira Díaz e consegue a construción do Centro da Xuventude.

Na década dos oitenta do século pasado fai xestións para a creación da Sala Prieto Nespereira no Torreón dos Andrade, onde se exhiben 27 gravados cedidos polo pintor.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz de Alfonso X, O Sabio.
  • Medalla de Bronce de Mutualidades e Coutos Escolares.
  • Diploma de Mestre Distinguido.
  • Fillo Adoptivo de Pontedeume por acordo da Corporación Municipal en 1967.
  • En 1983 o concello dálle o seu nome a unha praza da vila e á pista polideportiva de Centroña.
  • Medalla de Bronce de Galicia en 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]