Saltar ao contido

Eid al-Fitr: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Traduzo desde es.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2017 ás 16:07

Mesquita do Sultán Ahmed en Estambul, Turquía. O Eid al-Fitr (en árabe: عيد الفطر, en persa: عید فطر, que significan Festa da ruptura do xaxún[1]) é unha festividade relixiosa da tradición islámica. Significa a celebración do fin do Ramadán e abarca os tres primeiros días do Shawwal. A noite anterior ao primeiro día desta festa tamén se considera particularmente auspiciosa. Pola mañá pronto, a comunidade en conxunto realiza diferentes oracións e celebra un almorzo que marca o fin do xaxún do mes máis importante para o mundo musulmán.

Os musulmáns celebran esta festa estreando ropa nova. Os homes usan vestimenta branca, simbolizando pureza. O día enteiro é celebrado polos crentes visitando os fogares e comendo los pratos especiais cociñados nesta ocasión. Todos se sentan xuntos. Por tradición os nenos reciben regalos, as gratificacións e os dulces entregados polos seus seres queridos como símbolo de amor. A forma de desexar unha feliz festa é pronunciando as palabras: Eid Mubarak! (bendito Eid!; santa festa!).

Sunna

Denomínase sunna aos requirimentos recomendados (formaban parte do costume do profeta Mahoma) que os musulmáns deben cumprir durante esta celebración, son 13 e enuméranse a continuación:

  • Vestirse segundo a Sharia.
  • Bañarse.
  • Usar miswaak para a hixiene dental e oral.
  • Vestir co mellor que se teña.
  • Perfumarse o mellor posible.
  • Espertar á madrugada.
  • Ir o máis pronto posible ao sitio onde se realice a plegaria do Eid.
  • Antes de ir, débese comer algo dulce, como dátiles.
  • Dar o sadaqatul fitr antes de ir.
  • Rezar a plegaria do Eid onde todos o fan. É dicir, non se pode rezar en casa salvo causas extremas comprobadas.
  • Logo de rezar, débese volver a casa por un camiño diferente ao que se volve sempre.
  • Para ir, hai que facelo camiñando.
  • Recitar suavemente o Takbir mentres se dirixen ao lugar.

Notas

  1. Felipe Maíllo Salgado, Vocabulario de historia árabe e islámica, Ediciones AKAL, 1997, p.108.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Eid Al-Fitr 2013