Zheleznogorsk, Krasnoiarsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZheleznogorsk, Krasnoiarsk
Железногорск (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 56°15′N 93°32′L / 56.25, 93.53Coordenadas: 56°15′N 93°32′L / 56.25, 93.53
EstadoRusia
KraisKrai de Krasnoiarsk
Urban okrug in Russia (en) TraducirZheleznogorsk Urban Okrug (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación83.857 (2018) Editar o valor em Wikidata (183,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie456 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude150 m Editar o valor em Wikidata
Creación1950 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal662970 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico3919 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO04735000001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO04535000000 Editar o valor em Wikidata

Páxina webadmk26.ru Editar o valor em Wikidata

Zheleznogorsk (en ruso: Железного́рск), anteriormente coñecida como Krasnoiarsk-26 (Красноярск-26) é unha cidade rusa, situada no krai de Krasnoiarsk. Foi fundada en 1950 como unha cidade pechada dedicada á industria nuclear.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1950 para a produción de plutonio para armamento e recibiu o nome de Krasnoiarsk-26.[2] A historia do lugar e o complexo de defensa están interconectados. En 1959, o goberno creou a oficina oriental da OKB-1 baixo a supervisión de MF Reshetnov. Os edificios de defensa incluían instalacións nucleares construídas en cavernas talladas na montaña ao norte da cidade, do mesmo xeito que as oficinas de investigación espacial.[3]

En 1992, con Boris Yeltsin no goberno, aprobouse un decreto no que se podían utilizar as nomenclaturas históricas, e a cidade empezou a aparecer nos mapas oficiais. Con todo, tal como marcaba a tradición nas cidades soviéticas con instalacións secretas, o número do antigo nome forma parte do código postal.

Status administrativo[editar | editar a fonte]

Dentro do sistema de divisións administrativas rusas, é xunto con outras cinco localidades rurais, parte do Territorio Administrativo Pechado de Zheleznogorsk, cuxa unidade administrativa equivale aos raions.[4]

Como municipio, está localizado dentro do Okug Urbano de Zheleznogorsk.[5]

Economía[editar | editar a fonte]

Zheleznogorsk é coñecida polo seu complexo nuclear e xogou un papel importante nos primeiros anos da produción de armas nucleares na Unión Soviética.[6] Ademais, na cidade ten a súa sede o ISS Reshetnov, o maior fabricante de satélites do país e o principal promotor do programa GLONASS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zhigulsky, Anton (25 de octubre de 1995). "Former Closed Cities Host International Fair". Consultado o 13 de enero de 2015. 
  2. "Краснояркий Горно-Химический комбинат". wdcb.ru (en ruso). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  3. Medvedev, Vladimir (1954). Atom Town (en inglés). Zheleznogorsk: Bear Company. 
  4. "КРАСНОЯРСКИЙ КРАЙ: АДМИНИСТРАТИВНО -ТЕРРИТОРИАЛЬНОЕ ДЕЛЕНИЕ" (PDF). sobranie.info (en ruso). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.  Arquivado 31 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
  5. "Глава ЗАТО г.Железногорск". admk26.ru (en ruso). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. "Ceremony marks end of a nuclear era" (en inglés). 16 de abril de 2010. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]