Zhang Zhong Jing
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zhang Zhong Jing, escrito ás veces Zhang Zhongjing, (chino simplificado: 张机; chino tradicional: 張機; pinyin: Zhāng Jī, Dengzhou , China, ca. 150 - 219), foi un médico chinés que está considerado como o Hipócrates da medicina china tradicional.[1]
Autor do tratado Sobre a enfermidade fría ou Shang Han Lun (ou Shang Han Bin Lun), no que se expón unha das máis antigas descricións para o diagnóstico e o tratamento das enfermidades do frío, como o catarro ou os arrefriados, infeccións virais que afectan o tracto respiratorio.
O libro comprende 397 seccións con 112 prescricións con herbas.[2]