Zbigniew Cybulski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZbigniew Cybulski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Kniazhe (Segunda República Polaca) Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Wrocław, Polonia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tren Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaKatowice Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónStanisław Wyspiański Academy for the Dramatic Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de teatro , guionista , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElzbieta Chwalibóg (1960–1967), morte do cónxuxe
FillosMaciej Cybulski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0194193 Allocine: 4212 Allmovie: p16382 TCM: 42717
Find a Grave: 26556566 Editar o valor em Wikidata

Zbigniew Hubert Cybulski, nado en Kniaże o 3 de novembro de 1927 e finado en Wrocław o 8 de xaneiro de 1967, foi un actor polaco, unha das personalidades máis coñecidas e populares da historia da Polonia de despois da segunda guerra mundial.

Vida[editar | editar a fonte]

Zbigniew Cybulski naceu o 3 de novembro de 1927 nunha pequena aldea de Kniaże preto de Śniatyń, Polonia (agora parte do raion de Sniatyn, no Óblast de Ivano-Frankivsk, Ucraína). Despois da segunda guerra mundial uniuse á Academia de Arte Dramático de Cracovia. Graduouse en 1953 e trasladouse a Gdańsk, onde fixo o seu debut no Teatro Wybrzeźe de Leon Schiller. Tamén, co seu amigo Bogumił Kobiela, Cybulski fundou un teatro famoso teatro de estudantes, o Bim-Bom. A principios dos anos 60,  Cybulski mudouse a Varsovia, onde rapidamente se uniu ao Kabaret Wagabunda. Tamén apareceu no escenario do Teatro Ateneum, un dos teatros máis modernos e menos conservadores da Varsovia daquela época.

Con todo, Cybulski é máis recordado como actor de cine. A súa primeira aparición foi como extra no filme de 1954 Kariera. O seu primeiro papel importante foi en 1958, cando participou  no filme de Kazimierz Kutz, Krzyż Walecznych (A cruz dos valentes). Ese mesmo ano tamén apareceu como un dos protagonistas en Popiół i diament (Cinsas e diamantes) de Andrzej Wajda e en Ósmy dzień tygodnia de Aleksander Ford, baseada nunha historia curta de Marek Hłasko. Desde entón Cybulski foi visto como un dos actores máis notábeis da Escola de Cine polaca e un dos "novos e furiosos", como foron chamados os actores da súa xeración.

Entre os seus filmes máis famosos, á parte de Popiół i diament, inclúese Rękopis znaleziony w Saragossie de Wojciech Has. Tamén actuou en numerosas obras televisivas, incluíndo algunhas baseadas en traballos de Truman Capote, Anton Chekhov e Jerzy Andrzejewski.

Cybulski morreu nun accidente na estación ferroviaria Wrocław Główny, en Wrocław o 8 de xaneiro de 1967, de camiño a unha rodaxe. Cando intentaba saltar sobre un tren en marcha (como facía a miúdo ), escorregou e caeu baixo o tren, que lle pasou por riba.[1] Foi enterrado en Katowice.

Legado[editar | editar a fonte]

Cybulski continúa sendo unha lenda do cine polaco. O seu estilo de interpretación foi revolucionario no seu tempo, así como a súa imaxe (roupa de coiro e grande lentes de sol).[2] Era a miúdo chamado "o James Dean polaco". Como Dean, interpretou a rebeldes inconformistas, e como el, morreu novo.

A banda polaca 2 Plus 1 gravou un álbum tributo a Cybulski titulado Aktor en 1977.

En 1996 os lectores da revista polaca Film elixiron a Cybulski como mellor actor polaco da historia.

Dende 1969 entrégase o Premio Zbigniew Cybulski que distingue aos mellores actores novos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Cybulsky, o James Dean polaco". La Polonia de los polacos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018.  Arquivado 17 de maio de 2018 en Wayback Machine.
  2. "Recordando ao actor Cybulski". www.thenews.pl (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018.