Yokosuka D4Y
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Yokosuka D4Y Suisei | |
|---|---|
| Un D4Y3 "Judy" | |
| Tipo | Bombardeiro en picado |
| Fabricante | Yokosuka |
| Introducido | 1942 |
| Retirado | 1945 |
| Produción | 1942 - 1945 |
| Construídos | 2.038 |
O Yokosuka D4Y Suisei (cometa) foi un bombardeiro en picado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Foi o substituto do Aichi D3A e desenvolveuse tanto con motor radial como lineal. O deseño estaba influído polo alemán Heinkel He 118, pero era máis pequeno e con mellores prestacións. Fixo o seu primeiro voo en decembro de 1940 e construíronse 2.038 unidades. Actuou tamén como caza nocturno, avión de recoñecemento e kamikaze. Os aliados alcumárono "Judy".