Aichi D3A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aichi D3A
Aichi Val DF-ST-91-10602.JPEG
D3A durante a recreación dunha batalla na actualidade
Tipo Bombardeiro
Fabricante Aichi Kokuki KK
Introducido 1940
Principais usuarios Armada Imperial Xaponesa
Construídos 1.486

O Aichi D3A foi un bombardeiro en picado embarcado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Era o máis importante bombardeiro en picado xaponés ao principio da guerra. Estaba inspirado en deseños alemáns como os Heinkel He 66, He 70 e He 74 e foi o primeiro bombardeiro en picado xaponés monoplano de á baixa e construción totalmente metálica. Voou por primeira vez en xaneiro de 1938 e entrou en servizo a finais de 1940. Ao final da guerra foron usados como kamikaces. Os aliados alcumárono "Val".

Deseño[editar | editar a fonte]

A mediados de 1936 a Armada Xaponesa emitiu as especificacións 11-Shi para un bombardeiro en picado embarcado monoplano para substituír ao biplano Aichi D1A que estaba en servizo neses momentos. Aichi, Nakajima e Mitsubishi propuxeron os seus deseños, e aos dous primeiros fabricantes pedíronselle dous prototipos.

O deseño de Aichi comezou cunhas ás baixas inspiradas nas do alemán Heinkel He 70 Blitz, tiña un tren de aterraxe fixo instalado así por simplicidade xa que a velocidades baixas non presentaba moito problea e foi montado cun motor radial de nove cilindros Nakajima Hikari 1 cunha potencia de 529 kW (710 cabalos).

O primeiro prototipo completouse en decembro de 1937, e as probas de voo comezaron un mes máis tarde. As primeiras probas foron decepcionantes. O avión tiña pouca potencia e era inestable en xiros amplos, e ademais en xiros pechados tendia a bambolearse. Os freos de picado vibraban moito cando se extendían á velocidade de 370 km/h, e a Armada xa estaba pedindo unha maior velocidade de picado de 440 km/h.

O segundo aparello foi amplamente modificado antes da entrega coa intención de amañar eses problemas. A potencia foi incrementada reemprazando o motor Hikari polo Mitsubishi Kinsei 3 de 626 kW (840 cabalos) nunha cuberta redeseñada, e a deriva foi alongada para evitar a inestabilidade direccional. As ás tamén foron lixeiramente modificadas para rematar co bamboleo e os freos de picado axustáronse. Estes cambios arranxaron todos os problemas agás o da inestabilidade, pero foron suficientes para que o D3A1 gañase ao Nakajima D3N1.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aichi D3A