Yawar Mallku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yawar Mallku
Ficha técnica
Título orixinalYawar Mallku
DirectorJorge Sanjinés
ProdutorRicardo Rada
GuiónJorge Sanjinés
IntérpretesMarcelino Yanahuaya
Benedicta Mendoza
Vicente Verneros Salinas
MúsicaAlfredo Domínguez
Ignacio Quispe
Alberto Villalpando
FotografíaAntonio Eguino
MontaxeJorge Sanjinés
EstudioUkamau Group
DistribuidoraTricontinental Film Center (1973, USA)
Estrea1969
Duración70 minutos
Orixe Bolivia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0065228 Filmaffinity: 791096 Rottentomatoes: m/yawar_mallku_2013 Allmovie: v141282 Editar o valor em Wikidata

Yawar Mallku (en quechua: "Sangue de cóndor") é un filme boliviano de 1969 dirixido e coescrito por Jorge Sanjinés. Conta a historia dunha comunidade indíxena de Bolivia que recibe atención médica da axencia estadounidense Cuerpo del Progreso (do estilo do Corpo de Paz) que está secretamente esterilizando as mulleres locais. A historia, que está baseada en feitos reais sufridos pola comunidade do director, provocou unha indignación no público que conduciu a unha investigación gobernamental sobre as accións do Corpo de Paz en Bolivia, que rematou coa expulsión da axencia do país.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Unha comunidade indíxena de Bolivia recibe atención médica da axencia estadounidense "Cuerpo del Progreso", mais non sospeitan que a mesma axencia está esterilizando as mulleres da comunidade co fin de que non se reproduzan os indíxenas. Cando a verdade se revela, os bolivianos atacan ós estranxeiros, pero os atacantes son capturados e fusilados polas autoridades. Sixto Mallku, o irmán do protagonista Ignacio Mallku é ferido. Ignacio busca desesperadamente atención médica para o seu irmán, pero por mor da falta de cartos para un coidado axeitado, este morre.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Impacto[editar | editar a fonte]

Yawar Mallku está considerada como unha obra que provocou a expulsión do Corpo de Paz de Bolivia nun acto de antiimperialismo e nacionalismo cultural dos indíxenas.[2]

Despois da estrea de Yawar Mallku, Sanjinés aprendeu que moitos labregos tiñan críticas pola dificultade de entender o filme por mor da narración con flashback, xa que a súa maneira de facer cinema estaba moi influída polo cine europeo, e tamén pola falta de atención a denunciar as causas dos pobos indíxenas. Tivo isto en conta para facer o seu seguinte filme, titulado El coraje del pueblo, en 1971.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stephen M. Hart (2004). A Companion to Latin American Film. Boydell & Brewer Ltd. pp. 69–. ISBN 978-1-85566-106-6. Consultado o 11 de agosto de 2012. 
  2. Geidel, Molly. "Sowing Death in Our Women's Wombs": Modernization and Indigenous Nationalism in the 1960s Peace Corps and Jorge Sanjinés' Yawar Mallku. American Quarterly - Volume 62, Number 3, setembro de 2010, pp. 763-786
  3. Rosalind Galt, Karl Schoonover. Global Art Cinema: New Theories and Histories. 2010, pp. 359.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]