Sexto Xulio Africano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Sexto Xulio Africano (século III) foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.
Algúns datos biográficos [editar]
- Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén).
- Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo.
- Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma.
- Estableceu certa amizade con Oríxenes.
- Viviu en Nicópolis, Palestina (Emaús).
- Foi bispo de Emaús "segundo a tradición" (posibelmente falso).
- Morre en Xerusalén cara ao ano 250.
Obras relacionadas con Exipto [editar]
As Crónicas (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221).
Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedrenus, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores.
Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.