Xoán Varela Fondevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Varela Fondevila
Biografía
Nacemento1721
Parroquia de Folladela, Melide
Morte1785
Santiago de Compostela
Lugar de sepulturaCatedral de Santiago de Compostela 
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Actividade
OcupaciónBispo
Familia
IrmánsPedro Varela Fondevila

Xoán Varela Fondevila, nado na parroquia melidense de Folladela, foi un nobre e eclesiástico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no pazo de Figueiras, que conta con pombal, capela e escudos. Fundou en Folladela a segunda escola da comarca. Varela Fondevila foi bispo auxiliar da arquidiocese de Santiago de Compostela.
Familiares de Varela Fondevila tiveron pazo en Compostela sito na rúa das Casas Reais, coñecido como o pazo de Fondevila, nome dado por Pedro Varela Fondevila, seu irmán, que ademais foi alcalde de Santiago e deputado da Xunta do Reino de Galicia.
Na Casa das Figueiras de Folladela chama a atención un escudo no que se observa a coroa real e sobre ela o Capelo episcopal con sombreiro de tres borlas e unha cruz que semella a de Carlos III. É un escudo grande e ben labrado aínda que algo erosionado pola invernía.
Xoán Varela Fondevila morreu no ano 1785 e está soterrado na Catedral de Santiago.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xoán Varela Fondevila. Xunta de Galicia. Consellería de Eduación. IES de Melide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Broz Rei, Xosé Manuel: (1990): "A nobreza da Terra de Melide". Boletín nº 5 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.