Xoán II Comneno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosaico de Xoán II na Igrexa de Santa Sofía

Xoán II Comneno, emperador bizantino, nado o 13 de setembro de 1087 e finado o 8 de abril de 1143, foi fillo e sucesor de Aleixo I Comneno. Interveu na Península Balcánica esmagando aos restos dos pechenegos (1122), e interveu tamén en Hungría e Serbia. Menos éxito tivo na súa intervención nas loitas entre pisanos e xenoveses, sen lograr axuda de ningún para aliviar o dominio veneciano do comercio bizantino. En Oriente logrou impoñer a súa autoridade sobre o principado de Antioquía, e sobre os estratéxicos condados de Edesa e Trípoli. Planeaba o avance cara a Palestina cando foi ferido mortalmente nun accidente de caza. Foi considerado polos seus contemporáneos como o mellor emperador da dinastía Ducas-Comneno.


Imperio Bizantino

Segue a:
Aleixo I Comneno
Xoán II Comneno
Precede a:
Manuel I Comneno
Dinastía Ducas-Comneno