Xoán III Ducas Vatatzés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán III Ducas Vatatzés

Xoán III Ducas Vatatzés (11933 de novembro de 1254) foi un emperador bizantino, no exilio no Imperio de Nicea, de 1222 a 1254.

Aínda que sufría epilepsia, logrou distinguirse tanto como soldado que en 1222 foi elixido para suceder ao seu sogro Teodoro I Láscaris. Casou coa filla de Láscaris, Irene Láscaris (Eirene Laskarina) en 1212. Tiveron un fillo, Teodoro, pero tras un accidente de cabalo de Irene, esta non puido volver ter fillos; entón, retirouse a un convento, tomando o nome de irmá Uxía, e alí morreu en 1239. Xoán volveu a casar con Constanza (Ana) de Sicilia, filla ilexítima de Federico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, pero non tiveron descendencia.

Reorganizou os restos do Imperio bizantino (Imperio de Nicea) e grazas ás súas capacidades administrativas, fixo del un dos Estados máis ricos e fortes do Mediterráneo oriental. Tras asegurarse a fronteira oriental cun acordo cos turcos selxúcidas, dedicouse a intentar recuperar as posesións europeas dos seus predecesores. Mentres a súa flota atacaba aos latinos no mar Exeo e estendía o seu reino a Rodas, o seu exército, reforzado con mercenarios occidentais, derrotaba ás forzas do emperador latino.

Aínda que non tivo éxito no asedio de Constantinopla, que levou a cabo de común acordo cos búlgaros en 1235, logrou a supremacía sobre os despotados de Tesalónica e Epiro. A definitiva reconquista de Constantinopla, algúns anos despois da súa morte, débese en gran medida aos seus esforzos previos.


Imperio Bizantino

Segue a:
Teodoro I Láscaris
Xoán III Ducas Vatatzés
Precede a:
Teodoro II Láscaris
Dinastía Láscaris