Teodoro I Láscaris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Imperio Latino, o Imperio de Nicea, o Despotado de Epiro e o Imperio de Trebisonda. As fronteiras non son exactas

Teodoro I Láscaris (c. 1175-1222), emperador de Nicea, naceu nunha familia nobre bizantina. Era fillo de Manuel Láscaris e de Xoana Karatzaina.

En 1199 converteuse en xenro do emperador bizantino Aleixo III Anxo e fíxose famoso durante o sitio de Constantinopla polos latinos (1203-1204). Trala caída da cidade, liderou unha banda de fuxitivos de Bitinia e estableceuse na cidade de Nicea.

Eliminado o perigo dunha invasión das forzas latinas, que derrotou en 1204, foi reclamado en Europa para facer fronte a unha invasión búlgara. Empezou a traballar no establecemento dun novo estado bizantino en Asia Menor e, en 1206, tomou o título de emperador.

Os anos seguintes, Teodoro estivo acosado por inimigos que rodeaban o seu estado. Emprendeu continuas campañas contra o emperador latino Henrique de Flandres, derrotou ao seu rival Aleixo I, emperador de Trebisonda e levou a cabo diversos ataques contra Kay Khusrau I, sultán de Rum que instigara a guerra contra Aleixo III.

A vitoria que coroou a Teodoro tivo lugar en 1210, cando nunha batalla preto de Antioquía de Pisidia, capturou a Alexis e tomou a cidade que se atopaba en mans dos turcos.

Aínda que non existen probas das súas calidades como home de estado, a súa coraxe e as súas habilidades militares conseguiron que esta nación bizantina non só sobrevivise senón que conseguise derrotar as invasións latinas.

Familia[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira esposa, Ana Anxo, filla do emperador Aleixo III, Teodoro Láscaris tivo dúas fillas: Irene Lascarina (casada con Xoán III duque de Vatatzés) e María Lascarina (casada co rei Bela IV de Hungría)

Trala morte de Ana en 1212, Teodoro casou con Filipa de Armenia, filla do rei Rubén III de Armenia. O matrimonio anulouse ao ano seguinte por motivos relixiosos e o fillo do matrimonio, Constantino, quedou desherdado.

Teodoro Láscaris casou por terceira vez en 1219 con María de Courtenay, filla de Pedro de Courtenay e Iolanda de Hainaut pero non tivo fillos.


Imperio Bizantino

Segue a:
Aleixo V Ducas
Teodoro I Láscaris
Precede a:
Xoán III Ducas Vatatzés
Dinastía Láscaris