Wu Yi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWu Yi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 吴仪 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Wuhan Editar o valor em Wikidata
Vice-primeiro-ministro da República Popular da China (pt) Traducir
15 de marzo de 2003 – 17 de marzo de 2008
Ministry of Health of the People's Republic of China (en) Traducir
2003 – 2005
← Zhang Wenkang (en) TraducirGao Qiang (en) Traducir →
Member of the Politburo of the Chinese Communist Party (en) Traducir
15 de novembro de 2002 – 22 de outubro de 2007 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónChina University of Petroleum (Beijing) (en) Traducir
Northwestern Polytechnical University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Premios

Wu Yi (en chinés: 吴仪), nada en Wuhan en novembro de 1938, é unha política chinesa que dende 2004 é un dos catro vicepresidentes do Consello de Estado da República Popular Chinesa.

É recoñecida como unha hábil diplomática nas complexas relacións do seu país coas demais nacións do sueste asiático, ademais de realizar frecuentes viaxes de inspección ás provincias do sur da China.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wu Yi xunto co ex-secretario de Estado estadounidense Colin Powell

A súa historia política comezou en abril de 1962 cando se afiliou no Partido Comunista da China. En agosto do mesmo ano, despois de cursar estudos no Instituto do Petróleo de Pequín, licenciouse como enxeñeira. Exerceu a súa profesión durante moitos anos, ascendendo regularmente ata chegar a converterse en xerente xeral da refinaría de Pequín Dongfang Hong e xerente-axudante e secretaria do partido na Corporación Petroquímica Yanshan da capital.[1]

Foi elixida vicealcaldesa da cidade de Pequín en 1988, cargo que conservou ata 1991. Despois da represión das protestas da Praza Tian'anmen de 1989, conseguiu convencer aos mineiros do carbón de iren á folga, despois de que varios dos seus colegos morresen. Dende 1991 ata 1998 exerceu os cargos de viceministra do Ministerio de Relacións Económicas e Comercio Exterior, ministra de Comercio Internacional e Cooperación Internacional e membro o XIV e XV Comité Central do PCCh. Como protexida de Zhu Rongji converteuse en conselleira de estado en 1998, e foi designada vicepresidenta do Consello en marzo de 2003. Axudou a negociar o ingreso da China na Organización Mundial do Comercio e a colaboración chinesa ante a protesta norteamericana polas masivas violacións dos dereitos de propiedade intelectual.[1]

Durante a crise provocada pola síndrome respiratoria aguda severa (SARS), substituíu a Zhang Wenkang que foi destituído pola incapacidade, ocultismo e ineficacia ao responder á urxencia da crise. Dirixiu o Ministerio de Saúde e o comité nacional encargado de xestionar a crise,[1] o que lle valeu ser denominada "deusa da transparencia" pola revista Time polo seu liderado, ademais de considerala unha das 100 persoas máis influentes do mundo.

Imaxe pública e vida privada[editar | editar a fonte]

Denominada polos medios de comunicación chineses como a "Dama de Ferro da China", Wu foi considerada como unha muller firme e directa que, ao contrario que a maioría dos seus colegas masculinos, escolleu non tinxir os seus encanecidos cabelos negros. Wu non casou nunca, e preguntada polo asunto contestou "non é que sempre quixese estar soa, é só que a vida non me deu a oportunidade (para o romance); ninguén entrou na miña vida dese xeito".[2]

A revista Forbes considerouna a segunda muller máis poderosa do mundo en 2004, 2005 e 2007 e a terceira en 2006.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Wu Yi: Small Woman and True Man" 《吴仪:小女子大丈夫》. 《青年文摘》 [Youth Literary Digest] (en chinés). Pequín: China Youth Press. 2008. pp. 81–84. ISBN 978-7-5006-6472-7. 
  2. "副总理吴仪自曝至今未嫁之谜". Sina. 
  3. "The 100 Most Powerful Women". Forbes.com. 30 de agosto de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]