William H. Macy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macy durante unha folga de guionistas en 2003

William Hall Macy, Jr., nado o 13 de marzo de 1950 en Miami, é un actor e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Macy comezou no teatro na universidade a finais da década de 1960 e comezos da de 1970 Nova York, mudando ao se graduar para Chicago onde xunto con David Mamet e outra xente fundou unha compañía de teatro e alí interpretou pezas de Mamet como American Buffalo (1975). Na década de 1980 foi vivir a Nova York aparecendo en obras de Broadway e Off-Broadway. A partir de mediados da década de 1980 a carreira de Macy desenvolveuse sobre todo en filmes independentes, aínda que tamén traballou actuou no cine comercial, salientan as súa interpretacións en Benny & Joon (1994), The Client (1994), Murder in the First (1995), en televisión foi doutor David Morgenstern en ER (1994-1998), pola interpretación de Jerry Lundegaard en Fargo (1996) foi candidato aoÓscar, e logo dese papel aumentou a súa popularidade actuando en Boogie Nights (1997), Pleasantville (1998), Magnolia (1999) Jurassic Park III (2001), Seabiscuit (2003), Inland Empire (2006) ou Bobby (2006). Gañou dous Emmy e un premio do Sindicato de Actores.