Wilhelm Streitberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wilhelm August Streitberg, nado en Rüdesheim am Rhein o 23 de febreiro de 1856 e finado en Leipzig o 19 de agosto de 1925, foi un lingüista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou lingüística indoeuropea na Universidade de Leipzig, onde tivo como profesores a Karl Brugmann e Ernst Windisch. Dentro do ámbito dos estudos indoeuropeos especializouse nas linguas xermánicas, sendo recoñecidas as súas achegas ao estudo da lingua gótica. Xunto con Karl Brugmann editou a revista Indogermanische Forschungen, que se segue a publicar hoxe desde 1892.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Urgermanische Grammatik (1896).
  • Gotisches Elementarbuch[1] (1897; 2ª edición 1906, 3ª e 4ª edición 1910, 5ª e 6ª edición 1920).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]